caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Planetas somos todos!
> Planetas somos todos! <

O número de novembro da revista Sky & Telescope dedica a súa portada á perda de categoría de Plutón como antesala dun interesantísimo artigo de Owen Gingerich que explica o proceso que conduciu á nova definición de planeta. Ademais, o director da publicación, Richard Tresch Fienbegr, editorializa de maneira moi contundente contra a decisión da Unión Astronómica Internacional. Aquí lles deixo unha tradución ao galego da súa columna, que comparto no esencial: eu é que son dos de “papeis para todos”. Se se lles ocorren adaptacións á nosa lingua das regras nemotécnicas citadas no artigo, rógolles que as compartan con todos os lectores nos comentarios.

A Plutón tanto lle dá
Richard Tresch Fienberg

A última vez que foi embarazoso ser astrónomo foi en xuño de 1990, cando a NASA admitiu que o Hubble non podía ser enfocado. Desta volta os astrónomos son o obxectivo dos humoristas gráficos e dos cómicos dos programas nocturnos de televisión por mor da nova definición de “planeta” adoptada pola Unión Astronómica Internacional (UAI) na súa Asemblea Xeral trienal en Praga o 24 de agosto. E sabedes que? Merecémolo no 90, e merecémolo outra vez agora.

Esta nova definición, que o meu querido amigo e mentor Owen Gingerich describe no tema de portada deste número [...], é defectuosa lingüística e cientificamente. De acordo coa redacción da UAI, un planeta anano non é un planeta, malia que unha galaxia anana si sexa unha galaxia e unha estrela anana tamén sexa unha estrela. Absurdo!

Por outra parte, di a UAI, un obxecto que orbita arredor do Sol é un planeta só se, ademais de ter masa dabondo para adquirir forma de balón pola súa propia gravidade, “leva varrida a veciñanza da súa órbita”. Isto exclúe a Plutón, que está incrustado no Cinto de Kuiper de corpos xeados máis alá de Neptuno. Pero como explica Dan Durda na páxina 28 desta mesma revista o noso propio mundo está ameazado por Apophis e un feixe doutros asteroides próximos á Terra cuxo camiño arredor do Sol crúzase co noso. Aplicando estritamente as novas regras da UAI, isto implica que tamén a Terra deixaría de ser un planeta. O mesmo vale para Marte, Xúpiter e Neptuno, todos eles acompañados na súa órbita por pequenos asteroides. Ridículo!

Talvez pensedes que unha organización de case dez mil persoas moi intelixentes, a maioría deles con doutorados, podería facelo mellor. Eu certamente así o cría -até que asistín a un dos debates da UAI en Praga. A maioría dos participantes comportáronse como se tivesen a mesma idade que cando aprenderon aquilo de “My Very Excellent Mother Just Served Us Nine Pizzas” [1]. Discutiron, ás veces de xeito bastante belixerante, cunha perspectiva estreita, sen poder (ou sen querer) contemplar a situación desde o punto de vista dos demais. Como resultado temos unha definición que se le como se estivese escrita por burócratas, non por científicos. Agora precisamos outra regra nemotécnica para lembrar a orde dos oito planetas que quedan. Aquí vai unha que me funciona: “Many Very Egotistical Malcontents Just Screwed Up Nomenclature” [2].

A Plutón tanto lle dá se os astrónomos lle chaman planeta, “planeta anano” ou calquera outra cousa -seguirá sendo unha bola de xeo fabulosamente interesante cunha atmosfera non permamente, tres lúas e quizá aneis aínda non descubertos, independentemente das palabras que desde a Terra lle adxudiquemos. Pero como escribín nesta mesma columna en novembro de 2005, eu esperaba que os meus colegas da UAI sacasen unha definición de planeta que soase científica e que ao mesmo tempo fose simple dabondo para explicárllela aos nenos e ao público. Non fixeron tal.

Peor aínda, a definición que eles adoptaron vale só para o noso sistema solar, e isto acontece nun momento no que unha das áreas máis fascinantes da astronomía é o descubrimento de grandes obxectos esféricos (será correcto chamalos “planetas”?) arredor doutras estrelas. Alén diso, a UAI ignorou o límite superior do espectro planetario, onde seguimos sen ter unha clara distinción entre planetas de moita masa e ananas marróns de pouca masa. Para dicilo en poucas palabras, a definición de “planeta” da UAI é cientificamente cuestionábel, está confusamente redactada, e é de aplicación extremadamente reducida.

Por esa razón, Sky & Telescope nunca a usará tal cal. Por exemplo, referirémonos a Plutón como “planeta anano” (con comiñas), ou como o chamado planeta anano, pero nunca simplemente como planeta anano pois para a xente sensata esa expresión equivale a “planeta pequeno”, que non é o que a UAI pretende. E non temos intención de eliminar a Plutón das nosas páxinas dedicadas ao Sol, a Lúa e os Planetas.

Afortunadamente non quedamos amarrados á nova definición para sempre, só até que a UAI a cambie. Seguramente iso suceda na próxima Asemblea Xeral en Rio de Janeiro, Brasil, en agosto do 2009. Igual que os astrónomos foron rehabilitados tres anos despois de que a visión borrosa do Hubble volvese á luz grazas a unha misión do transbordador espacial para reparalo, tamén os astrónomos disporán dunha oportunidade de redención tres anos despois de estragalo todo á vista do público.

[1] Literalmente, “A miña moi excelsa nai acaba de servirnos nove pizzas”. En inglés serve de regra nemotécnica para que os escolares aprendan a orde dos planetas segundo a súa proximidade ao Sol.
[2] “Varios moi egocéntricos revoltosos acaban de escarallar a nomenclatura”.

2006-11-13, 13:45 | 7 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/44559

Comentarios

1
De: calidonia Fecha: 2006-11-13 21:05

Meus Vellos Tolos Miolos Xa Saben Unha Nova Parida



2
De: calidonia Fecha: 2006-11-13 21:14

Substitúase 'parida' por 'parrafada' a efectos didácticos :-P



3
De: Pablo Fecha: 2006-11-13 22:41

Si, a Plutón tanto lle da, pero era o meu planeto favorito, precisamente por iso, por lonxano, rebelde, excéntrico e raro...



4
De: AnxoD Fecha: 2006-11-14 16:12

Pola definición, calquera satélite é planeta. Non digamos os satélites dos planetas gaseosos. Mercurio é aínda máis pequeno que algún deses satélites. Polo demáis, se hai máis "planetas ananos" como Plutón, cumplirán tamén a definición. Se hai gravidade, xiran en torno ó Sol, e teñen pinta de bola, sexa de billar ou de basket, cumplen.
Saúdos ós plutonianos. Solidariedade con éles.



5
De: Anónimo Fecha: 2006-11-14 23:07

Non exactamente, AnxoD. Velaí vai a resolución de planeta da UAI:

(1) Un "planeta" é un corpo celeste que (a) orbita arredor do Sol, (b) ten masa abondo para que pola súa propia gravidade supere as forzas de sólido-ríxido até adquirir unha forma en equilibrio hidrostático (aproximadamente esférica), e (c) limpara [de corpos] a veciñanza da súa órbita.

(2) Un "planeta anano" é un corpo celeste que (a) orbita arredor do Sol, (b) ten masa abondo para que pola súa propia gravidade supere as forzas de sólido-ríxido até adquirir unha forma en equilibrio hidrostático (aproximadamente esférica), (c) limpara [de corpos] a veciñanza da súa órbita e (d) non é un satélite

(3) Todos os demais obxectos excepto os satélites orbitando arredor do Sol deberán ser chamados xenericamente "corpos menores do sistema solar".

Os satélites teñen, pois, un tratamento específico, e por suposto gravitan arredor dun planeta (e este á súa vez gravita arredor do Sol).



6
De: Martin Pawley Fecha: 2006-11-14 23:21

O anónimo anterior era eu.

Hai outros dous planetas ananos: Ceres, o maior dos asteroides do cinto entre Marte e Xupíter, e Eris, o obxecto antes chamado 2003UB313, aos que hai que engadir unha lista crecente de obxectos que poderían encaixar na clasificación, entre eles Caronte ou Sedna.

O de Caronte merece consideración especial, pois non é exactamente un satélite de Plutón, senón que ambos corpos forman un sistema binario cuxo centro de masas fica fora deles dous (aínda que moito máis perto de Plutón). Caronte é máis grande que Ceres, así que "por si só" reúne condicións para ser chamado "planeta anano". A UAI non acordou crear un status específico que destaque a singularidade da parella Plutón-Caronte, algo que quizá si suceda nun futuro.



7
De: espn.com/activate Fecha: 2019-11-10 17:02

web development company
mumbai escorts
mumbai call girls
Mumbai Escorts
Mumbai Escorts
yahoo reset password
What is Social CRM
quickbooks support
mcafee.com/activate
roku tv frozen
roku.com/link
web designing company
seo company
garmin update
garmin updates
garmin express update
norton.com/setup
office.com/setup
roku remote not working
gmail support
andheri escorts
computer repair
outlook password reset
reset microsoft password
reset microsoft account password
Mumbai escorts
andheri escorts
bandra escorts
andheri escorts
thane escorts
mira road escorts
bandra escorts
vashi escorts
aol mail login
canon.com/ijsetup
Chembur Escorts
malad Escorts
colaba Escorts
juhu Escorts
mira road escorts
aol reset password
cox support
xbox support
xfinity support
yahoo support
hp printer support
gmail support
hp printer support
espn.com/activate
activate starz on roku
aol support
at&t support
hulu.com/activate
roadrunner support
roku.com/link
Norton Support
hotmail support
Linksys Router Support
Dlink Router Support
Aol Reset Password
garmin updates
Delta Airlines Reservations
united Airlines Reservations
roku.com/link
garmin updates
roku.com/link
Norton Customer Service
Microsoft Customer service Number
HP Printer Support
quickbooks support
Mumbai escorts
canon ij setup
mcafee.com/activate
office.com/setup
roku.com/link
activate espn
espn.com/activate
espn.com/activate
youtube.com/activate
activate nbc
espn activate
garmin updates
pbs.org/activate



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley