Abra la ventana, desde hace unos días puedo volar
Inicio > Historias > A (documentadísima) nave do misterio
> A (documentadísima) nave do misterio <



Nunha curiosa demostración de ironía e bo humor, o programa de Iker Jiménez dedica hoxe uns minutos a falar das mentiras e falsidades que chegan aos medios de comunicación e acaban dándose como noticias. Como exemplo poñen a fotografía que ilustra este post: unha imaxe, din, dunha ave petroleada na Guerra do Golfo que se difundiu en todo o mundo e que non era real, senón unha burda manipulación.

A moitos galegos esa fotografía non se nos foi da memoria: é unha ave petroleada, si, pero bastante máis perto de nós. Data dos peores días do Prestige, apareceu publicada en La Voz de Galicia e o seu autor é Paul Hanna, da axencia Reuters.

2006-10-15, 23:54 | 8 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/43749

Comentarios

1
De: Don J. Fecha: 2006-10-16 11:48

Deje que adivine, señor Pawley: el experto que habló sobre la cuestión en el programa de Iker fue Santiago Camacho, que 'casualmente' acaba de publicar un libro sobre falsas noticias. ¿Me equivoco?



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-10-16 13:01

Pois non atendín tanto, a verdade. Estaba Eric Frattini, iso si.



3
De: jorge Fecha: 2006-10-16 20:28

¿De verdade que nadie mira esas cousas? Paréceme increíble porque a pouco que busques, temas dos que usa este tipiño son moi fáciles de encontrar coma para ter de que falar.



4
De: SHS Fecha: 2006-10-17 00:50

a verdade, o casopo do ser humano Jiménez é ben pavero: O descuberto por descoidado



5
De: Mifune Fecha: 2006-10-17 10:04

ta ti to tin to tin to tin....
Ayer mismo comentaba un amigo (televisivo) el formato de ese programa y lo cutre que era para estar en la parrilla de ese canal.

Allá ellos si quieren tener la misma imagen que Tele5 a la larga.



6
De: mourullo Fecha: 2006-10-17 18:44

Menos ironía, señor Iker Jiménez, e máis falar dos temas serios.



7
De: Martin Pawley Fecha: 2006-10-18 02:28

Mimá, isto en tempos de Anson creo que non pasaba.



8
De: Anxo D Fecha: 2006-10-18 18:49

Estou con Mifune, é algo cutre de máis. Cando na radio tiña un pase, mais na TV non dá o perfil. E nesa empresa menos. Que o pasen ás 5 da mañan, e metan Hentai pra perverternos algho máis.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.179.244 (910bb15eff)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley