caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Usos do ácido bórico
> Usos do ácido bórico <

Para proveito de xuíces, fiscais, peritos, xornalistas, contertulios e desinformados en xeral, aquí lles deixo o que conta do ácido bórico o libro "ABC de las tragedias domésticas" (El Libro de Bolsillo nº 1546, Alianza Editorial, 1991), escrito por Carmen Arce e Aileen Serrano, colaboradora esta última do programa das tardes de Miguel Ángel García-Juez na desaparecida Antena 3 de Radio:

"Ácido bórico: Se encuentra en droguerías y farmacias. Se disuelve rápidamente en agua caliente. Es un excelente blanqueador para la ropa de algodón o de lana. En una proporción de una cucharada sopera por un litro de agua, sumergir la prenda, dejar un rato, aclarar y tender a la sombra para que no amarillee. Elimina el mal olor de los zapatos espolvoreándolo en los mismos".

Nas noticias de Cuatro acostuman a denominalo, e con evidente menosprezo, "matacucarachas", facendo que o pobre ácido pague así culpas que só lle corresponden á pertinaz estupidez humana. Contra as cucarachas, Aileen Serrano recomenda unha combinación de xeso en pó, fariña e zucre en partes iguais, ou ben pasar un trapo mollado con petróleo polos lugares onde aparezan. Como terceira alternativa, unha mestura de ácido bórico e leite condensado: "la cucaracha lo comerá y morirá rápidamente", di textualmente.

2006-10-10, 15:48 | 5 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/43632

Comentarios

1
De: Oier Fecha: 2006-10-10 16:59

Ahora entiendo por qué ya no hay cucarachas en las playas, después de lo del prestige ;-)



2
De: Don J. Fecha: 2006-10-10 17:07

No sea ingenuo, señor Pawley: es evidente que La Conspiración editó ese libro que cita usted en 1991 –seguramente con la connivencia de Garzón– para desacreditar las pesquisas del periódico mundial.



3
De: Martin Pawley Fecha: 2006-10-11 03:21

Un pouco de ácido bórico no programa de Eva Hache.



4
De: dorfun Fecha: 2006-10-11 23:05

...canta "maldá" ten vostede... eu coma nunha radio, pensaba que era o da arte: bórico, jónico e corintio... XD



5
De: moucho_branco Fecha: 2006-10-11 23:44

Todo este esperpento conspirativo está empezando a resultar inconcebible mesmo até para os cánones tradicionais da inmundicia...



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.224.109.48 (753af037c7)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley