caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > As palabras de Max
> As palabras de Max <

O primeiro dos Premios Donostia desta edición, Max von Sydow, deslumbra na rolda de prensa polo seu humor, lucidez e cordura, xusto o que necesitabamos para superar a indignidade do último filme de John Boorman, "The tiger's tale".

Max von Sydow é unha lenda viva do cine. Isto que digo é unha frase feita, seino, pero tamén é unha verdade incuestionábel. Ao longo dos seus setenta e sete anos tivo tempo de facer un cento longo de filmes nun feixe de países, de traballar para directores como John Huston, Steven Spielberg, Sidney Pollack (cando pagaba a pena) ou os europeos Bertrand Tavernier, Bille August e Lars von Trier. Fixo de Xesús e tamén do Demo, e mesmo encargouse de expulsar outro do corpo dunha nena mal falada que lle daba singulares usos aos crucifixos. En xeral os produtores tenderon a velo en papeis cunha certa carga espiritual, consecuencia directa do seu traballo con Ingmar Bergman en obras cun forte arrecendo filosófico e relixioso [...]

2006-09-26, 11:09 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/43243

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.204.234.61 (9da79ec702)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley