caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > O peor de ser ateo é non crer no inferno (2)
> O peor de ser ateo é non crer no inferno (2) <

A noticia, en Vieiros: O PP pediulles aos seus concellos que retrasasen a contratación das brigadas contraincendios (...) Unha circular enviada pola dirección provincial do PP na Coruña con data do 22 de xuño (...) propón unha estratexia de dilación das sinaturas para transmitirlle á opinión pública que os concellos do PP están dispostos a colaborar "a tope" na loita contra os lumes, pero que "a lentitude da Xunta e as variacións introducidas nos convenios alongan os procedementos e provocan retrasos de máis de dous meses con respecto a outros anos no funcionamento das cuadrillas".

A frase textual do informe: "Non parece que estas diferencias teñan a suficiente entidade para xustificar unha decisión xeral dos Concellos do PP de non asinar os Convenios, sobre todo pensando en que, se houbera, como o ano pasado, moitos lumes, a Xunta intentaría responsabilizar ó PP ante a opinión pública por esta decisión. Polo tanto, se propón a seguinte estratexia, baseada na dilación pero non na negativa..."

O informe, en formato .doc na web de Galicia Diario e en PDF na de La Voz de Galicia

dos arquivos estranhos: O peor de ser ateo é non crer no inferno (1)

2006-09-12, 01:19 | 11 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/42842

Comentarios

1
De: Juan Fecha: 2006-09-12 10:17

¡A sospeita era tan forte! Agora deixan de ser sospeitas para estar documentadas. É hora de que moitos falen en sexan responsables. Temos que acabar co eterno manto do caciquismo.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-09-12 12:02

Reparen na curiosa redacción da noticia en elmundo.es (en efecto, está claro que xa non manda Gumersindo):

Blanco se refería así al documento que, según la Cadena Ser, envió el PP a sus regidores de la citada provincia antes de los incendios que arrasaron Galicia en agosto, con el fin de que retrasaran la firma de acuerdos con el Gobierno autonómico, liderado por el PSdeG, para la contratación de brigadas forestales (...) La propia Faraldo, en declaraciones a la Cadena Ser, reconoció ser la autora del documento y señaló que el objetivo al enviarlo era conseguir más medios en la lucha contra los incendios.

Se a propia Faraldo recoñece a autoría do documento, ¿a que vén iso de "según la Cadena SER", como se esta fose unha noticia cuxa credibilidade dependese da que lle outorguemos a esa radio?



3
De: IaRRoVaWo Fecha: 2006-09-12 14:10

Como pode ser un partido que ate na oposición faga estas cousas? Refírome... Unha catástrofe, a "culpa" previsíbel é do governo, xa que eles son os encargados de prever o lume e de para-lo, a oposición non pinta nada na prevención e extinción do lume, polo que está limpa de culpa. Pero.. como pode ser que teña a "culpa"? Que clase de políticos temos?

Non quería crear na culpabilidade do PP neste asunto.. pero visto o visto...



4
De: AnxoD Fecha: 2006-09-12 15:59

Eu non fun, eu non fun, eu non fun....
Vótalle a culpa á ETA, mais non descartes outraaaaaas posibilidades.
Aceves` on fire.



5
De: cris Fecha: 2006-09-12 18:10

otra cosa:

S.O.S. COSTA DA MORTE
Ramon B. D. R.
A todos os que algunha vez visitáchedes Carnota, ós que amades esa
terra, ós que na próxima ponte, ou nunha fin de semana , ou este verán
vaiades pola nosa costa... avisarvos dunha cousa, triste, máis certa:
Facédelle as fotos que poidades, filmade en vídeo todo canto poidades,
porque o que coñecedes ata o de agora vaise acabar.
Nestes días que estiven de taberneiro ocasional en Carnota puidenme
enterar do futuro próximo que se aveciña neste anaco de costa virxe
que nos ficaba na nosa terra. Promotoras e Inmobiliarias de Madrid
están a mercar todo canto metro cadrado se poida construir no noso
Concello, son coma cen cabalos de Atila, pagan moitisimo máis do que
un paisano podería pensar nunca que iba valer un ferrado.

Exemplos:
Lariño: máis de 300 vivendas proxectadas, acaban de mercar todo o
terreo que hai dende a estrada xeral ó faro (alí onde estivo a carpa
de Nunca Máis).
Lira: perto de mil apartamentos.
Caldebarcos: están a mercar todas as leiras.
O Pindo: xa se está a construir, e mercando o pouco que fica.
Nin os paisanos están moito dacordo con vender, pero ameazanlle on que
se non venden acabaránlle por expropiar (axente urbanizador).
Contábame un empregado do Rexistro da Propiedade de Muros que os que
mercan as vivendas fanno dende Madrid e por catálogo, nin sequera
coñecen o lugar, chéganlle as escrituras dende Notarías de Madrid.
Nalgúns casos as promotoras regalan un apartamento na nosa costa ó
mercar un de luxo en Madrid...
Se cadra é o tempo de facer revivir NUNCA MÁIS, a fin é a mesma: a
defensa da nosa costa, do noso mar, da nosa paisaxe, mais desta vez o
ataque non ven polo mar en forma de chapapote, ven por terra en forma
de formigón armado e ladrillo. Os responsables de atallar esto son os
mesmos, os poderes públicos da Xunta de Galicia. Dos Alcaldiños e os
Concellos mellor esquecerse.
Aí vos vai un lema que propoño:
MORATORIA DE CONSTRUCCIÓN NA COSTA DA MORTE XA!!!



6
De: Julicheiro Fecha: 2006-09-12 22:53

Qué máis ten que pasar para que a xente sexa consciente de que nada deterá ó PP para recuperalo poder?



7
De: ABOBRIGA Fecha: 2006-09-13 11:12

tremendo



8
De: Uxio Fecha: 2006-09-13 16:11

Olá Martin!
E digo eu, porque carallo mentres arderon tantos montes galegos temos que estar atentos a unha carta (noxenta) do PP e nos adicamos a governar, a sacar un plan que de verdade reduza os incendios da proxima tempada, porque agora (como faciamos antes) non lle podemos botar a culpa ao governo, que ahora somos nos.
É un pouco hipócrita pola nosa parte que cando Suarez Canal era portavoz de agricultura cagaba por riba do conselleiro do PP e agora recibimos o mesmo, se tan bos eramos na oposición porque nos queimaron os incendios. Temos que dar solucións, non facer o que eles no seu momento.

Fora de Tema: Salvo causas de forza maor, o luns as 20:30 estarei no CGAI para ver o documental ;)
Saúde



9
De: Martin Pawley Fecha: 2006-09-13 16:27

Oia, Uxío, que é iso de que "agora o governo somos nós"? A que consellería pertence vostede? :-P

Completamente de acordo en que PSOE e BNG deben dedicarse ao seu, que é xestionar e governar, e non van sen tempo, por outra parte. En canto a Suárez Canal, pase por esta vez xa que é o seu primeiro verán verdadeiramente no poder, pero a escusa "dos anos pasados" xa non servirá para os lumes do 2007. A política forestal está nas súas mans; se de aquí a alá non hai mudanzas, aínda que sexan mínimas, a responsabilidade será toda súa. En calquera caso, nós temos todo o dereito -mesmo o deber cívico- de criticar aos partidos no poder e aos da oposición cando o comportamento é tan noxento -e tan trosma- como o da señora Faraldo.



10
De: redactores Fecha: 2006-09-14 01:37

Os jornalistas em destaque em:

http://naolinemqueroler.blogspot.com/



11
De: leco Fecha: 2006-09-14 02:17

... e mañá todo seguirá parecido, non?



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.92.243 (ad14e44e47)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley