caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Novo caso de intertextualidade
> Novo caso de intertextualidade <

Ademais de admirar a Antonio Colinas, Lucía Etxebarria tamén devora os ensaios do psicólogo Jorge Castelló:

Las relaciones de pareja de los dependientes emocionales son marcadamente asimétricas, desequilibradas. Uno de sus componentes es el que domina claramente en la pareja y el otro (en este caso el dependiente emocional) sólo se preocupa de su bienestar, de hacer lo que su pareja desee, de magnificar y alabar todo lo que hace.
"Dependencia emocional y violencia doméstica" (2004), de Jorge Castelló

Las relaciones de pareja de los dependientes emocionales son marcadamente asimétricas, desequilibradas. Uno de sus componentes es el que domina claramente en la pareja y el otro (en este caso el dependiente emocional) sólo se preocupa de su bienestar, de hacer lo que su pareja desee, de magnificar y alabar todo lo que hace.
"Ya no sufro por amor" (2005), de Lucía Etxebarria

Noticia completa en El Mundo

dos arquivos estranhos: O buque derrelicto

2006-09-12, 00:45 | 6 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/42839

Comentarios

1
De: X Fecha: 2006-09-12 09:28

Igual cría que non a ían descubrir.



2
De: Jaureguizar Fecha: 2006-09-12 10:43

A mín sorpréndeme a literaridade da cita. ¿Non puido versionear?



3
De: X Fecha: 2006-09-12 14:20

No blog da autora explícase unha versión ben diferente do caso.



4
De: AnxoD Fecha: 2006-09-12 16:04

Esto non ten que ver co tema, pero... parécese algo ó tema do dopping no deporte. Se che pillan dis que é un erro e tal, e tal, mais, cantas veces se doparía antes desa??
Cantos plaxios farían antes desta pillada???



5
De: Martin Pawley Fecha: 2006-09-12 22:19

X, o comunicado da avogada de Lucía que aparece no blog da autora non corrixe en esencia nada do dito por El Mundo. O dereito de cita é estupendo, claro que si, pero alén do que esixa a legalidade hai algo máis importante, que é a ética do autor, que require ou aconsella unha indicación expresa do que se está "copiando e pegando". Non me vale como escusa dicir que xa aparece na bibliografía, porque o que lea o libro de Lucía saberá "qué libros manexou", pero non "qué partes tomou de cada un", e máis tendo en conta que as citas son literais. Lucía tíñao moi fácil: posto que o artigo de Castelló xa estaba publicado, podía fusilar as ideas a pracer dándolles outra forma literaria, e indicando a fonte con claridade nos capítulos que correspondese. Non fixo tal.

Respecto ao caso Colinas, ninguén dixo que ela fose condenada por plaxio. O que di elmundo.es, e publica foto da sentencia, é que a demanda que a escritora interpuxo contra o semanario Interviú, que foi o que deu noticia das súas imitacións de Antonio Colinas, foi desestimada. A sentencia advirte que a publicación intentou contrastar a reportaxe coa demandante, e asegura que a revista deu información veraz, precisando expresamente que Etxebarria "plagió a D. Antonio Colinas".



6
De: Nilde Fecha: 2006-09-23 16:50

Para min é un misterio absoluto que unha escritora que pode perfectamente reformular as ideas doutro autor non o faga e se limite á cita literal (pero sen dar referencia explicita desto, cousa deshonesta en por si). Se alguén lle atopa explicación, que o diga, porque eu non lla vexo.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.204.234.61 (9da79ec702)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley