caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Anson enloqueceu
> Anson enloqueceu <

Xa daban moito que pensar aquelas portadas bizarras e míticas, primeiro no ABC e logo en La Razón, con titulares sutís do tipo "Semana Grande de Bilbao, Fiestas de España". Sabíamos do seu gusto por emborracharse de loiras, e de aí viña logo un apoio desmedido a personaxes tan delirantes como Leticia Sabater, que encheu páxinas e páxinas do lembrado Blanco y Negro onde facía crítica de cine Julían Marías. O xoves pasado apareceu o seu primeiro artigo na nova etapa do Cultural de El Mundo, e todas as dúbidas ficaron resoltas: Luis María Anson (non Ansón) toleou de vez. Só así é explicábel o seu arrebatado eloxio ao labor da ministra Carmen Calvo:

"Justo es afirmar que no se puede alinear en la catástrofe de la política cultural española de los últimos 30 años a la actual ministra. Tras algunas vacilaciones iniciales, pero nadando contra corriente, Carmen Calvo ha estado donde debía estar y ha hecho una gestión notable, con sobresaliente para la campaña del IV centenario del Quijote. No hacer este reconocimiento sería perder la objetividad".

Tan mal lle anda a cabeza ao académico, que nin sequera coida a prosa como antes. Fíxense que até foi capaz de poñer dúas veces no mesmo artigo unha palabra tan pouco habitual como o adxectivo tórpido.

2006-09-09, 23:44 | 2 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/42791

Comentarios

1
De: AnxoD Fecha: 2006-09-10 09:52

Este home ten un ego...Coñecino hai anos, cando empezara a andaina da Razón, máis do mesmo dicía eu. Penso que é cínico de máis. Non tan vulgar ou ruín coma o ínclito Jimenez Losantos e a súa retranca soez e esa pseudo"libertad dixital", pero coa finura dun académico(non sei ben por qué). O tema da Ministra é lóxico, comparándoa coas outras de anos atrás p.ex. Espe -o la cólera de Dios-. No país dos cegos... Así sera a cousa.



2
De: el niño de la guía Fecha: 2006-09-10 12:51

Nom é tam parvo como parece, mais ainda despois dos rumores de que a senhora Calvo lhe queda pouquinho no cargo. Só está a tomar posições.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.196.74.142 (bdb57ed074)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley