caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > O buque derrelicto
> O buque derrelicto <

Coa fidelidade á empresa e o humor esperrechante que o caracteriza, Juan Manuel de Prada sumouse desde a súa columna do ABC ás críticas ao artigo sobre a vaga de incendios publicado en El País por Suso de Toro. Certo que non é a prudencia a principal virtude do escritor compostelán, pero tamén é evidente que as réplicas que está recibindo, como esa tan indignada de Zarzalejos, son tan desproporcionadas que case me fan pensar nesa coñecida locución latina da "Excusatio non petita".
Este é un bo momento para revisar os arquivos estranhos e recuperar un post xa publicado no blog en novembro do 2004 que fala de plaxios e do moi católico autor do libro "Coños":

O buque derrelicto

Aquí hai xente que pensa que a única que plaxiou unha novela foi Ana Rosa Quintana, cousa que non ten grande importancia xa que esta dama pode ser moitas cousas pero desde logo non debe ser considerada unha escritora, e porén esquece o peculiar uso que Luis Racionero lle dá á palabra intertextualidade, ou o enorme aprezo que Lucía Etxeberría sente pola poesía de Antonio Colinas. Revolvendo entre papeis vellos atopei un texto do escritor Javier Marías que aparecera no seu día nun coñecido suplemento dominical e que se ocupa da curiosa pegada que un artigo seu deixara nunha moi ben pagada novela:

Y yo mismo me encontré, en la novela ganadora del Premio Planeta de hace unos años, con lo siguiente: en 1988 había yo escrito un largo artículo sobre Venecia, en el que por ejemplo había dicho: "la preciosa Virgen de Giovanni Bellini con un Niño Jesús energúmeno que no se sabe si está a punto de ahogarse o saltar al cuello de su increíble Madre"; y el joven y protegido escritor premiado, cuya novela transcurría en Venecia, decía del mismo cuadro: "el Niño, que parecía a punto de ahogarse y de saltar al cuello de su Madre". O bien yo había escrito: "la enorme fábrica de harina... oscura, lúgubre, derrelicta: ...los edificios de Mulino Stucky"; y él escribía del mismo y bastante desconocido lugar: "La fábrica de harinas Stucky, construida a finales del siglo pasado... abandonada a su ruina y asediada por el agua como un buque derrelicto". O había yo añadido: "Allí no hay nada, sólo ratas como gatos"; y añadía el planetario: "Había ratas gordas como gatos". O había yo comentado: "se cruza uno con niños que pescan sepias y platijas"; y él: "los niños de la Giudecca pescaban platijas". Etc. No sé, quizá ustedes sepan poner el nombre mejor que yo, entre tantos posibles. Pero como aquella novela llevaba dos páginas de "Agradecimientos y advertencias", supongo que, de haber existido total buena fe, ese habría sido el lugar para mencionar mi pieza "Venecia, un interior", que no aparecía por ningún sitio.

Uns anos despois de escribir iso a Javier Marías censuráronlle nese medio unha columna crítica coa Igrexa Católica, cousas esas que pasan ás veces no piadoso mundo da prensa ibérica, e el tomou entón a dignísima decisión de largarse de alí. Nesas mesmas páxinas escribe agora Juan Manuel de Prada, o escritor xa non tan xove mais igualmente protexido e premiado que se inspirou con tanto detalle na prosa do Rei de Redonda.

A fe, que move montañas.

2006-08-29, 19:41 | 13 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/42529

Comentarios

1
De: Juan Fecha: 2006-08-29 21:28

Canta razón e que oportuna, amigo.



2
De: jorge Fecha: 2006-08-29 23:36

Eu en cambio penso que son as montañas as que moven a fe.
Polo demáis estou compretamente de acordo con vostede pero non por pensar que a razón a teña Suso de Toro ou os demáis, senón porque non entendo que a opinión genere maís críticas ca os feitos e por eltes lares sempre pasa o mesmo, discutimos maís sobre as reaccións ó que aconteceu que sobre o que aconteceu, en fin.



3
De: bouzafria Fecha: 2006-08-30 02:51

Falando de plaxios, magnífico foi o artigo de Santos Juliá en "El País" demostrando o fusilamento literal perpetrado por Federico Jiménez Losantos nun "libro seu" sobre Manuel Azaña - e que para maior estulticia concedéranlle o premio "Espejo de España" - realizado sobre as memorias do cuñado do político: Rivas Cherif.
P.S: O de "fusilamento" non vai con dobre intención, a pesares de referirme a tan sinistro personaxe.



4
De: mourullo Fecha: 2006-08-30 16:50

O artigo de Suso de Toro en El País pode lerse enteiro aquí.



5
De: xisbe Fecha: 2006-08-30 18:54

"...Juan Manuel de Prada sumouse desde a súa columna do ABC ás críticas ao artigo..." Non entendo moi ben como podes decir que con ese texto se suma ás críticas ao artigo de Suso de Toro. Na tal carta ao director crítica claramente ao director pola sua actitude con respecto a Suso. Como non teño dúvida de que leíche a tal carta entendo que esa frase non di o que debe decir, ou se cadra lés entre liñas algo que non percebo.



6
De: Julicheiro Fecha: 2006-08-30 20:27

Lembro o artigo de Marías, sí, o que non lembro foi unha desculpa de De Prada. Tampouco lembro contra el acoso mediático ningún; é o que ten saber baixo quén te abrigas. Por outra banda, xisbe, creo que o que o valente librepensador De Prada fai ó director do ABC é o que no meu pobo se coñece como facer unha baixadiña; xa dende o título se vé que está a ser irónico a máis non poder. Alo menos, así o entendín eú. Ademáis, un producto do máis rancio da prensa madrileña nunca se atrevería a levárllela contraria a quén lle dá de comer e o protexe.
Tóda a súa réplica é un anexo á do seu amo e señor. De feito, nin tan sequera entra no fondo do texto, senón que se encarga de vapulea-la redacción logo de que o director do ABC fixera o propio co contido, e nin tan sequera iso, senón que máis ben ataca a persoa do escritor. Para qué rebatir, se podemos calumniar?
Por outra banda, creo que o enlace de mourullo leva a unha páxina non dispoñible. Non sei se ós demáis vos pasou o mesmo; en tal caso, podedes le-lo en La Coctelera.



7
De: Julicheiro Fecha: 2006-08-30 20:29

www.lacoctelera.com/caffereggio/post/2006/08/11/jugar-con-fuego-suso-toro-el-pais



8
De: Martin Pawley Fecha: 2006-08-30 20:42

O link correcto que citaba mourullo é este (é un documento .doc).

Xisbe, interpreta vostede mal as palabras de De Prada, erro que tamén cometeron os de PR Noticias. De Prada actúa de xeito retranqueiro xa desde o propio título ("Carta indignadísima al director"), meténdose coa sintaxe apresurada de Suso de Toro de acordo co vello principio do crítico trosma segundo o cal cando un non ten nada que dicir o que ten que facer é falar da ortografía.



9
De: Julicheiro Fecha: 2006-08-30 20:52

Alégrome de ler este último post de Pawley; ó ler a nova en PR Noticias por un momento pensei que estaba equivocado.



10
De: Martin Pawley Fecha: 2006-08-30 21:12

Vía Brétemas, unha nova carta ao director de Suso de Toro hoxe no ABC.



11
De: mourullo Fecha: 2006-08-30 21:52

Por certo, Juan Manuel de Prada non cita a quen é a súa evidente referencia para falar da sintaxe apresurada de Suso de Toro como gran argumento nesto da crítica ('trosma' ten que ser precisamente a palabra? ;-) )



12
De: Julicheiro Fecha: 2006-08-30 22:22

Estou seguro de que el non escribe tan mal, seguro que transcriben de calquera maneria as súas cartas para envilecelo. Construccións coma "Y quien quiera creer en mis palabras puede leer el libro el pasado año «Conversas con Suso de Toro»", ou "En el relato con detalle (...)", co "él" sen tilde, teñen por forza que estar postas mal adrede polo editor do xornal, porque un home que se adica profesionalmente á escrita non comete eses erros. Ademáis, por moi atropeladamente que escriba, calquera que saiba que está enviando un texto a un xornal de edición estatal terá a cautela de revisalo.



13
De: xisbe Fecha: 2006-08-31 00:06

Gracias pola aclaración, xa me extrañaba.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 23.20.157.174 (f8ae440b99)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley