caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Dwarf nation
> Dwarf nation <

A Unión Astronómica Internacional acaba por resolver definitivamente o meu pensamento político: nós somos nación, si, pero anana. Movémonos arredor do mesmo Sol que todos e por forma ou por tamaño aínda non había queixa; o que nos pasa, como a Plutón, é que nunca tivemos ben varrida a nosa órbita.

2006-08-28, 01:09 | 18 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/42493

Comentarios

1
De: Vendell Fecha: 2006-08-28 01:37

Esperaba de vostede un comentario en outra liña. Algo en plan que non lle quixeron dar papeis ós de fóra ;-)



2
De: Cesare Fecha: 2006-08-28 01:38

é tan tan xenial esta definición... de feito, eu proporíalla a touriño, incluso mellor cá nazón de breogán. E así, en inglés.

"Galiza é unha dwarf nation do noroeste da península ibérica, suxeita a españa polo respecto á mesma constitución e blabla.



3
De: Martin Pawley Fecha: 2006-08-28 01:58

Vendell, xa sabe que eu era máis partidario dunha definición xenérica na que collan todos aqueles obxectos que responden á idea intuitiva que temos, sen cuestionarnos demasiadas cousas sobre eles. Cando un pregunta moito acaba atopando diferenzas e o que é peor, acaba por consideralas importantes.



4
De: X Fecha: 2006-08-28 09:34

Magnífico!



5
De: Vendell Fecha: 2006-08-28 11:05

Ahhh.
Ok.



6
De: nemtele Fecha: 2006-08-28 13:13

he he.
entom, chamar-lhe a gz naçom é desorbitado?



7
De: Julicheiro Fecha: 2006-08-28 17:03

O problema que témo-los plutonianos é que á maioría dos nosos veciños tanto lles ten ser planeta, planeta anano ou corpos estraños do universo. Sómos poucos os que anhelamos outra órbita.



8
De: X Fecha: 2006-08-28 19:04

Concordo con Julicheiro, hai moito plutoniano que non anhela outra órbita.



9
De: webensis Fecha: 2006-08-28 19:26

Hombre, es una bendición que hoy en día haya relativamente pocos enanos de esos que quieren hacer limpieza de órbita para tener una grande y exclusiva.



10
De: Julicheiro Fecha: 2006-08-28 20:21

Xa saeu o ciberfacha que hai en tódolos blogs... Por certo, teñen moito tempo libre ou túrnanse para meter barullo?



11
De: Martin Pawley Fecha: 2006-08-28 20:48

Julicheiro, se o de ciberfacha vai referido ao meu amigo webensis, co que discrepo en moitas cousas, debo dicirlle que até onde eu sei non lle encaixa nada o adxectivo. O único que me sorprende (case me alarma) do comentario de webensis é o uso da palabra "bendición", de resonancias tan cristianas, onde ben puidera ter empregado a palabra "alegría".

Intúo, polo demais, que un concepto tan deliberadamente abstracto como o da "órbita ben varrida" vai ser entendido na dirección que cada lector estime oportuna, cousa que non me disgusta, por outra parte, aínda que só sexa polo moito que estou lendo ultimamente sobre a obra de Chris Marker.



12
De: webensis Fecha: 2006-08-28 21:04

Me llaman ciberfacha por meterme con los fascistas.
¡Ay, bendito!
;o)



13
De: webensis Fecha: 2006-08-28 21:13

Gracias, por el toque, Pawley. Espero no convertirme con la edad en uno de esos ateos acristianaos.



14
De: Julicheiro Fecha: 2006-08-28 23:15

Nese caso, coido que lle debo unha desculpa a webensis. De un tempo a esta parte a rede está plagada de elementos do peor da dereita, e recoñezo que ando algo susceptible. Así pois, retiro o dito, pois se ben o termo "anano", que eu entendín coma unha alusión os nacionalistas, non me gustou nada, a miña reacción foi desproporcionada.



15
De: Julicheiro Fecha: 2006-08-28 23:31

Creo que tamén lle debo unha desculpa ó administrador. Non é de recibo levanta-la voz, e menos nun blog onde a xente adoita ser tan educada. Síntoo.



16
De: Martin Pawley Fecha: 2006-08-28 23:50

Estea tranquilo, Julicheiro, que non creo que ninguén se sentise especialmente agredido. Levante a voz cando o crea preciso, non teña medo, que xa haberá quen lle diga se as súas palabras son acertadas ou non. Así é como funcionan os blogs, e quen crea outra cousa -eses que se ofenden pola mínima e fan aspaventos cunha moral de novicia- é que non sabe onde se meteu.



17
De: Julicheiro Fecha: 2006-08-28 23:55

Daquela, dou por zanxado este incidente. Unha aperta



18
De: Anxo D Fecha: 2006-09-09 17:36

Tal cual.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.204.71.19 (f78779fd3b)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley