Botan pola tarde na televisiónSergeant Rutledge, unha das miñas favoritas entre a longa lista de obras mestras dirixidas por John Ford. Fico máis unha vez enganchado malia o penoso da copia, por suposto dobrada e cunha cor cambaleante. Admiro a grandeza dun xenio que construía cada plano cunha precisión insuperábel, que confiaba no poder expresivo dunha mirada ou do chiscar dun ollo, que sabía rebaixar o contido dramático dunha historia con apuntamentos de humor que lonxe de ser gratuítos serven para describir o contorno dun xuízo deseñado para acabar cunha inxusta condena a morte. Emociónome de novo con Constance Towers dicindo que apenas lembra a imaxe do seu pai, pero que non pode esquecer o tacto suave da súa man áspera contra o seu rostro. Co portentoso Woody Strode, erguendo cara o peito as súas mans esposadas mentres len a carta da súa manumisión, facendo explícita a dolorosa perda dunha liberdade que non tiña ao nacer. Pero por riba de todas as cousas desta vez caio rendido co personaxe do sarxento Skimore encarnado por Juano Hernández, cando lle preguntan a idade e confesa non sabela exactamente. Eu nacín escravo, di, pero vin o primeiro barco que surcou o Mississipi. A miña nai colleume no colo para que o vise e explicoume que ese era o primeiro barco que cruzaba o río.
E é que non pode haber boa épica se non leva incorporada boa poesía.
¶
Nada que ver, como poden imaxinar, coa epiquiña mercenaria de Arturo Pérez-Reverte. Xa saben, ese que di sempre que pode que el estivo na guerra, que a el non lla contaron.
qué grandes son los grandes!!, y no puedo dejar de admirar cómo se retrata esa Superior Dignidad Como Tallada En Piedra que se desprende del personaje...
Y también se me cae la lagrimilla en esa escena del viejecito, sigh. Soy blanda.
Saludos fordianos
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.