caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Incendios
> Incendios <

um

Onte á noite, ou antonte, xa non lembro, no noticieiro que non dá noticias puxeron unha foto dun deses artefactos incendiarios con forma de paracaídas afirmando que a súa presenza "reforzaba" a hipótese de que se trata de lumes provocados. "Reforza", non confirma. Ao mellor é que hai outras posibilidades. Que eses obxectos poden aparecer espontaneamente na natureza. Que caeron dun camión que os levaba. De moitos camións, en moitas estradas, para ser precisos.

Os lumes apáganse no inverno, é certo. Apáganse limpando e acondicionando montes e creando cortafogos, pero sobre todo apáganse devolvéndolle o seu valor ao medio natural, implicando de novo aos cidadáns, os seus propietarios, na súa conservación. Faise tamén executando as leis que impiden a construción sobre terreo consumido polas lapas e que de facto non se aplican. Faise impedindo a venta de madeira queimada, que serve para pasta de papel ou para triturala e facer taboleiros de contrachapado. Faise, en suma, controlando moi ben que ninguén poida tirar o máis mínimo beneficio do lume (e iso inclúe por suposto ás empresas que proporcionan os costosísimos medios aéreos de extinción).

Até hoxe ningún governo de ningún partido se meteu a resolver esas cuestións, que son as verdadeiramente decisivas. Así foi, así é e, a este paso, así será. Oxalá dunha vez aprendamos, todos, a lección. Oxalá a aprendan os políticos que saen nas fotos termando dunha mangueira, os presidentes que interrompen as súas vacacións para poñer cara seria na televisión, as ministras que fan acusacións ambiguas máis propias dun confidencial cutre que dunha persoa competente, ou os conselleiros que dormen pouco e que non souberon mudar minimamente as cousas no seu ano longo de xestión.

dois

Sabiamos que a Lúa Chea ía dificultar a visión da chuvia de estrelas das Perseidas. Co que non contabamos era coa "feia fumaça que sobe apagando as estrelas".

três

Eu, igual que o gran Josito, tampouco entendo.

quatro

Vinte e sete euros por habitante: iso é o que custa o lume en Galiza cada ano. Non se perdan o coma sempre valiosísimo escáner de Vieiros.

cinco

Vexan, por xentileza de marcus, a curtametraxe Incendios de Enrique Banet, que formou parte do filme colectivo Hai que botalos. Tan actual hoxe como hai un ano:


2006-08-10, 21:23 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/42159

Comentarios

1
De: Jan Fecha: 2006-08-11 00:31

"Os lumes apáganse no inverno, é certo"

Non podería estar máis dacordo con todo o que di, por riba de todo no punto UN...é tan básico que dá vergoña ter que mentalo, e aínda así: POR QUE?



2
De: elmangueiras Fecha: 2006-08-11 18:21

a ver si acaban de arder os eucaliptos e piñeiros, i escomezan cos molinillos, as casas e siguen cas persoas.
asi podese escomenzar de cero.
voluntarios para queimar, porque os que estivemos no prestige, nunca mais seremos voluntarios para nada.
que vaian de voluntarios os parasitos da xunta, e agora todos os enchufados dos tres partidos basura, que vaian eles e o fascista fraga que vive en madri de todos nos, a real family que o pasa bomba navegando, e tamen como non o sr.nuñez alias "el mangueritas".
ale a joderse.



3
De: moucho_branco Fecha: 2006-08-11 20:03

Eu só digo o que forges... aquí cheira a morto e a cabrón con garabata... e eu non fun...



4
De: campo de golf Fecha: 2006-08-12 21:12

Di un amigo meu que imos avanzando , no 36 directamente fusilabannos nas cunetas, hoxe dan un aviso , señais de fume ben grandes para avisar que despois chegaran os rapaces das pistolas e o que faga falta. Asi que ala a ser bos e non piedes moito !!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.158.80.117 (3bd2e8136f)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley