caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Feira do Libro 2006. Prólogo.
> Feira do Libro 2006. Prólogo. <

Hoxe 1 de agosto comeza a mellor feira do libro de Galiza, a da Coruña, a única que ten a carón un encontro de casas rexionais que nos permite coñecer e desfrutar desa España plural que tanto admiramos: a gastronómica. A Federación de Libreiros, eses cos que quere acabar a Xunta como se non se bastaran eles sós para acabar consigo mesmos, non pon o programa completo de actos a disposición de todos en Internet, que para iso son ben gutemberguianos, máis aínda que Jaureguizar, que xa é dicir; e os editores reunidos tampouco é que teñan na súa páxina unha axenda moi completa que digamos. Mañá collo un folleto aproveitando a miña primeira visita á feira (haberá varias, e sairán todas aquí, fica prometido) e logo colgo a información no blog; polo de agora, avánzolles cales son os actos organizados por Xerais, que para estas cousas acostuman a andar algo máis lixeiros:

1 de agosto, martes, ás 18:30, Xosé Neira Vilas asina exemplares das súas obras. Despois, ás 19:00, presentación do seu último libro, Vinte anos retornando.
2 de agosto, mércores, ás 19:30, Xosé Luis Barreiro Rivas asina As inxurias da guerra. Ás 20:00, Suso de Toro asina exemplares de Home sen nome
3 de agosto, xoves, a partir das 18:30, Manuel Rivas asina exemplares de Os libros arden mal
6 de agosto, domingo, a partir das 12:00, asina exemplares de Os libros arden mal Manuel Rivas. Ese mesmo día, ás 21:00, Agustín Fernández Paz asina exemplares de Corredores de sombra
7 de agosto, luns, ás 19,00, asina exemplares de O cidadán do mes Diego Ameixeiras

Actualización, 1 de agosto.- Isto é o máis salientábel para min da Feira da Coruña:

Martes, 1 de agosto:
18.30 O escritor Xosé Neira Vilas asinará exemplares dos seus libros.
19.00 Presentación do libro Vinte anos retornando, de Xosé Neira Vilas, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado Rodríguez, Director Xeral da editorial.
21.00 Mesa redonda: A Banda Deseñada de cinema, coa participación de Miguel Robledo e David Rubín, de Dygra Animación e o crítico de animación Henrique Torreiro.

Mércores, 2 de agosto
19.30 O escritor e politólogo Xosé Luis Barreiro Rivas asinará exemplares do seu libro As inxurias da guerra. O que Bush non sabía pero eu si, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
20.00 O escritor Suso de Toro asinará exemplares do seu libro Home sen nome, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
20.30 A Editorial Galaxia presenta o nº 170 da Revista Grial. Participan no acto Ramón Villares Paz (Historiador e Presidente do Consello da Cultura Galega), Lourenzo Fernández Prieto (Vicerrector de Relacións Institucionais da U.S.C.), Dolores Vilavedra e o académico e director da editorial Víctor Freixanes.

Xoves, 3 de agosto
18.30 Obradoiro de Banda Deseñada, impartido polo ilustrador Manuel Cráneo.
18.30 O escritor Manuel Rivas asinará exemplares do seu libro Os libros arden mal, publicado por Edicións Xerais de Galicia.

Sábado, 5 de agosto
20.00 Paula Carballeira presentará o seu libro Smara, publicado por Kalandraka. Durante o acto, a escritora contará contos e relatos das súas publicacións.

Domingo, 6 de agosto
12.00 O escritor Manuel Rivas firmará exemplares do seu libro Os libros arden mal, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
18.30 Entrega do 6º Premio Lecturas, de Galix, aos escritores Agustín Fernández Paz, Xosé Antonio Neira Cruz, Pepe Carreiro e Fran Jaraba e á ilustradora Marina Seoane.
21.00 O escritor Agustín Fernández Paz firmará exemplares dos seus libros.

Luns, 7 de agosto
18.30 Obradoiro de Banda deseñada dirixido por Santi Gutiérrez, debuxante do xornal La Opinión.
19.00 O escritor Diego Ameixeiras firmará exemplares do seu libro O cidadán do mes, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
20.00 O escritor Demetrio Bilbatua presentará o seu libro Galicia – México. Imaxe máxica, publicado pola Editorial Galaxia. Xunto co autor, participarán no acto Margarita Ledo Andión, Manolo González, Xabier Martínez e o director da editorial, Victor Freixanes.
21.00 Presentación do libro Chuvia mansa, de Xoán Ramón Díaz, publicado pola editorial Tris Tram. Xunto co autor, participarán no acto Primitivo Iglesias e Pepe Coira, representante da editorial.

Martes, 8 de agosto
19.00 Presentación dos libros de poemas, publicados por Edicións Espiral Maior: A tarde, de Suso Pensado; Hoxe, que vén o vento do sur, de Miguel Sande; As palabras furtivas, de Pedro Rielo; Os anos da memoria, de Xesús Rábade Paredes; As complexas mareas da noite, de María do Carme Kruckemberg e Vostede non sabe con quen está a falar, de Manuel Darriba.
A presentación das obras completarase cun Recital Poético a cargo dos autores. Ao remate do acto, os autores asinarán exemplares dos seus libros, publicados por Espiral Maior.
20.00 Xosé María Álvarez Cáccamo presentará o seu libro Memoria de poeta, publicado pola Editorial Galaxia. Xunto co autor, participarán no acto Miguel Anxo Fernán-Vello, Xavier Seoane e o director comercial de Galaxia, Xulio Amigo.

Xoves, 10 de agosto
20.00 Xosé Carlos Caneiro asinará exemplares do seu libro Os dominios de Caín, publicado pola Editorial Galaxia.
20.00 O escritor Xavier Vila presentará o seu libro Biotecnología, Bioética, Tanatoética, Tanatoestética, nuevos derechos humanos y Constitución, publicado por Lapinga Ediciones

2006-08-01, 00:30 | 6 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/41928

Comentarios

1
De: muralla Fecha: 2006-08-01 00:45

Gracias por recordarmo, así pasarei a dar unha voltiña.
Bicos.



2
De: Jan Fecha: 2006-08-01 09:43

Devecía por ir, pero estarei fóra! As de Compostela cada vez van a pior, este ano non valeron un peso, cada vez menos csaetas e en todas o mesmo...ainda así onde sempre atopo algo interesante e na de libro vello!

Máis a cousa está en decadencia total.



3
De: folerpa Fecha: 2006-08-01 10:47

Agardamos aínda impacientes a súa prometida recensión do libro de Rivas



4
De: Paco Fecha: 2006-08-01 13:56

Na páxina dos editores si tendes dispoñíbel o programa completo.
Saúdos,

http://www.editoresgalegos.org/novas/reportaxe.php?id_reportaxe=177&lg=gal



5
De: Martin Pawley Fecha: 2006-08-01 18:06

Agora si, Paco: a nova é de hoxe mesmo.



6
De: Martin Pawley Fecha: 2006-08-01 18:07

Folerpa, a miña recensión do libro de Rivas sairá o xoves 3 de agosto, poucas horas antes de que asine a súa obra na Feira.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.145.118.24 (5dc49f1f81)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley