caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Extrarradio, 29 de xullo
> Extrarradio, 29 de xullo <

O Extrarradio trasládase mañá ao Porriño, co cal as excursións cinematográficas polo mundo toman unha semana de descanso. A Rumanía de Cristi Puiu e a Hungría de Bela Tarr, a Thailandia de Apichatpong Weerasethakul, o Portugal de Pedro Costa ou a Arxentina de Lisandro Alonso serán algúns dos nosos próximos destinos de aquí a que emprendamos rumbo ao Festival de Donostia.

Venres, 28 de xullo, ás 23 horas, na Praza da Estrela de Vigo:



The three burials of Melquiades Estrada (Os tres enterros de Melquíades Estrada), de Tommy Lee Jones (EE.UU., 2005). Con Tommy Lee Jones, Barry Pepper, Dwight Yoakam e Julio César Cedillo. Premio ao mellor guión e ao mellor actor (Tommy Lee Jones) no Festival de Cannes 2005. Sinopse: Melquíades Estrada morre a tiros e é enterrado de maneira apresurada no deserto de Texas. As autoridades non se preocupan demasiado da investigación do crime e depositan o corpo no cemiterio local. Será un amigo do defunto, o rancheiro Pete Perkins, quen se ocupe de descubrir ao asasino, obrigándoo a levar o cadáver de Melquíades até México para proporcionarlle un definitivo terceiro enterro.

Tommy Lee Jones (Texas, 1946), compañeiro na súa mocidade en Harvard do logo vicepresidente Al Gore, debutou como actor en Broadway a finais dos anos sesenta e axiña deu o salto ao cine e á televisión. En 1983 levou un premio Emmy pola súa actuación na versión televisiva de The Executioner's Song; dez anos despois, o Oscar como actor de reparto por The Fugitive fixo del un rostro coñecido en todo o mundo. The three burials of Melquiades Estrada é o seu debut como director para a gran pantalla.

P.S.: segundo o contador que poden ver aí abaixo pola dereita, este blog ultrapasou hoxe a cifra de 250 mil páxinas visitadas.

2006-07-28, 18:46 | 2 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/41872

Comentarios

1
De: jorge Fecha: 2006-07-31 22:00

Eu creía que non che gustaba Sam Peckimpah e mira.
Por certo pareceume moi mal que te olvidaras de Levon Helm ó falar do reparto.



2
De: Ghanito Fecha: 2006-08-01 12:04

Parabéns polas visitas. Sempre presta mais escribir se alguén lee o que fas.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 23.20.225.97 (89e00f6a88)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley