O CGAI despide a temporada de Mutaci(o)nes con tres filmes e catro mesas redondas. Coa última -e posibelmente a derradeira- película dirixida por Ingmar Bergman, Saraband, arranca unha semana que tamén nos permitirá ver a louvada Honor de cavalleria, de Albert Serra, e La leyenda del tiempo, de Isaki Lacuesta. Estes dous directores estarán no CGAI o xoves ás 20:30, nunha mesa redonda moderada por Ángel Quintana que leva por título Hibridacións da ficción: Novos relatos, e que vai precedida por outra que reúne a representantes de catro distribuidoras de DVD, Cameo, FNAC, Notro Films e Intermedio. O mércores ás 20:30 escoitaremos no CGAI a catro críticos pata negra: Carlos F. Heredero, José Luis Fecé, Roberto Cueto e Gonzalo de Lucas. E antes, ás 18:00, a mesa redonda Nova cinefilia: crítica cinematográfica e revistas cinematográficas on line desde Galicia, coa presenza de José Manuel López, de Tren de sombras; ifrit, de Cinema Friki, e un servidor.
Precisamente teño eu ganas de saber cantos minutos (ou son horas?)dura o plano secuencia da cara da Portman que abre o filme de Amos Gitai... teño a impresión de que o cine actual só sabe fuxir da comercialidade zambullíndose na pedantería, anque non te digo que non sexa a miña ignorancia. Hai hoxe algún xenio do cinema popular coma Wilder, Ford ou Kurosawa?.
No meu artigo sobre as festas de Corina deixo ben claro o interese do ciclo cinematográfico ao aire libre. Unha vella iniciativa viguesa que este ano mellora. A cadaquén o seu.
Ya que hablamos de Vigo, nadie va a comentar el fabuloso concierto programado para hoy, de Gal costa?
Que maravilla y que oportunidad para escuchar a esta cantante da Bahía.
Pois a min esa escena non se me fixo nada longa, coa canción de Chava Alberstein soando ao fondo. De feito, paréceme moi necesaria, e serve para crear unha simetría -non só musical- co final do filme.
Certo, bretemas, e ben que llo agradezo, pola parte que me toca.
Holly, e se lle digo que non me gusta (case) nada Gal Costa?
No me lo puedo creer, nos es de "mis favoritas" pero creo que tiene mucho que decir. Su voz es un regalo y muchos de sus temas también. Fantásticos sus duetos con Caetano Veloso y alguna cosa que ha hecho con Elis Regina.
Miragem de Carnaval, que estupenda canción y que ganas de escuchar la nueva versión hecha por Omara Portuondo.
Pois xúrollo! Non me gusta nada, nada, nada, a voz de Gal Costa, aínda que tamén é certo que non dubidaría un segundo en ir vela se actuase algo máis perto da miña casa: moitas das cancións que máis me gustan van asociadas á súa voz.
Eso me gustaría saber a mi, nos estamos quedando dormidos. En Vigo estos tres brasileños fantásticos, gusten más o menos, el año pasado Rosa Passos en Ourense y hace dos, si la memoria no me falla, Gilberto Gil en Santiago. Y en Coruña qué? Menos mal que en otros temas si que estamos más al día.
Cuestión de simetría, logo?... non sei, pode ser, pero eu non vexo un ritmo adecuado á historia, paréceme moito unha subordinación á necesidade de resulta rimbombante... como o comezo de Kippour ou mesmo de Kedma, anque menos nesta última que é a miña favorita de Gitai de longo.
permíteme que te felicite polos excelentes contido do teu blogue, que non se me acordou na 1º mensaxe, un saúdo.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.