caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Extrarradio, 1 de xullo
> Extrarradio, 1 de xullo <

No Extrarradio de hoxe falaremos co director e guionista de Pensando en Soledad, Marcos Nine, e ademais escoitaremos un cuplé; todo iso para lembrar a figura de José Ernesto Díaz-Noriega, pai espiritual de toda unha xeración de cineastas galegos. A magnífica exposición sobre o proceso de creación de A noiva cadáver que pode verse até o 31 de agosto na sede coruñesa da Fundación Caixa Galicia será outro dos temas a tratar, aínda que só sexa polo amábel e encantador que é o ¿co?-director do filme Mike Johnson.

2006-07-01, 06:03 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/41276

Comentarios

1
De: mourullo Fecha: 2006-07-01 16:19

Sobre os traballos de Díaz Noriega e do catalán Joan Salvans, en tempos de caída de Monarquía, República e Guerra Civil, puidemos ver hai uns meses no CGAI, El perro negro, de Péter Forgács. E que me deixou a sensación de ser un perfecto exemplo de como desaproveitar uns materiais excelentes.

Agardo que non sexa o caso do 'Pensando en Soledad' de Marcos Nine.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-07-01 19:43

Véxao e xulgue vostede mesmo, mourullo; avánzolle que o traballo de Marcos Nine non ten nadiña que ver co de Forgács.



3
De: M. Nine Fecha: 2006-07-09 23:49

Que medo! Alguén mentou "El perro negro" :)
En principio creo que son dous productos moi difíciles de comparar entre sí. Creo que teñen moi pouco en común.

En todo caso e falando de "Pensando en Soledad", que é a parte que a min me toca, é probable que tamén se nos poida botar en cara o desaproveitamento dun material excelente. Non o nego.
Con respecto ó uso do material, hai certas imaxes de inegable interese histórico que poden ser "curiosas" para o espectador. Sen embargo o noso interese é o de contar unha historia e todo ese material vai ser bo ou malo na medida en que sexa util para a historia que estamos a contar. "Pensando en Soledad" non é un filme sobre a guerra, é a vida dunha persoa mesturada co nacemento do cine en Galicia, nese sentido é máis un filme de loita persoal que histórico.
Ver cousas como "Hidden camera on prison" poden producir "interese" en determinado tipo de espectador que igual mira un documental con fins didácticos pero eu penso que usar ese tipo de recursos nos que se nos explica o que estamos a ver o que provoca en realidade é un distanciamento do espectador que asume que o estan a informar de algo.
En "Pensando en Soledad" a intención é que o espectador se meta dentro da historia como se se tratase dun filme de ficción convencional e que teña motivos para quedarse enganchado. O espectador recibe igualmente información pero en realidade está a seguir as peripecias dun personaxe que é o que mantén a tensión do relato.

Non sei, sobre o papel estas son as intencións. En todo caso, se alguén o veu e non lle gustou por algunha razón a min gústame coñecer as críticas porque hai veces que unha crítica ben argumentada che pode ensinar moitas cousas.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.32.65 (d3893ad4e6)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley