caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > A (estranha) morte de Joaquim Jordà
> A (estranha) morte de Joaquim Jordà <

A pasada fin de semana morreu Joaquim Jordà, un dos renovadores do xénero do documental en España con títulos como Mones com la Becky, De nens ou Veinte años no es nada, e que nos anos sesenta foi un dos ideólogos da Escola de Cine de Barcelona, época na que rodou Dante es únicamente severo. Se facemos caso do IMDB, o seu falecemento produciuse o día 23 de xuño, pero curiosamente a noticia apenas tivo eco nos medios convencionais non cataláns, exceptuando El País. Inexplicábel, mesmo indigno, o de El Mundo, que na súa web dedica espazo a obituarios de dubidoso interese e porén ignorou unha figura máis que salientábel do cine español. Nin sequera os de El Cultural, outras veces tan hábiles, tiveron desta vez a axilidade necesaria para reaccionar.

Joaquim Jordà morreu por mor dun cancro de fígado e páncreas. Sabía desde hai meses que o seu tempo era limitado; disque mesmo lles aconsellou aos da revista Nosferatu que se deran unha certa presa na realización da entrevista-homenaxe que lle tiñan preparada, conscente da inminencia do seu fin. Os médicos avisárano do carácter fulminante da súa enfermidade; contan que renunciou a un tratamento convencional e que se puxo en mans dun chamán mexicano e dunha bruxa. Aguantou vivo uns meses máis do que os médicos insinuaran; por un momento, incluso chegou a crer que tiña posibilidade de salvación. Non foi así. O mércores 21 de xuño estaba en Donostia coa intención de asistir a un seminario e clausurar un ciclo sobre a súa obra, pero xa non puido participar en ningún deses actos: sentiuse mal e houbo de marchar urxentemente para Barcelona. Viña de acabar a rodaxe do seu último proxecto, Más allá del espejo, sobre o cal falaba así no Festival de Valladolid do 2004:

Otro (de mis proyectos) es una adaptación de "Alicia a través del espejo" hecha a partir de varios personajes que viven con diversas lesiones cerebrales, situaciones de alexia o de agnosia. La alexia es la dificultad en articular el lenguaje, la agnosia es la dificultad de aprender y procesar determinadas imágenes. Yo tengo una agnosia desde que tuve un infarto cerebral hace cinco años, no se leer. No traduzco el signo llamado letra en su correspondiente. Puedo llegar luego a saberlo después, pero si miro no leo de forma automática, por ejemplo (coge un paquete de cigarrillos "Camel") yo aquí veo una ce, a, eme, bueno "Camel" eso ya me lo se; pero aquí por ejemplo (señala el cartelito que advierte de los perjuicios que el tabaco produce en la salud, en la parte inferior del paquete) aquí tengo que empezar, efe, u, fumar, per, ju,dica. Puedo escribir, escribo colaboraciones en prensa, lo que me da trabajo es corregir lo que he escrito.
Con los colores también me sucede, yo los veo, pero he perdido la relación entre el color y su nombre. No veo en blanco y negro, lo que no se es si éste es azul… (señala la ese de un cartelito de la Cadena Ser, que es amarilla) ¿Es amarilla? Para mí podría ser una gama de azul claro, los distingo por gamas de intensidad. Bueno, por ello es que quiero adaptar "Alicia a través del espejo", en el que las respuestas llegan antes que las preguntas, la derecha es la izquierda, el después es anterior al antes, dónde todo está invertido. Pienso que ayuda como imagen, como metáfora para explicar algo que es muy difícil de comprender. Un paraplégico, por ejemplo, la gente lo acepta, y luego no se preguntan por saber como ve los colores. Pero cuando has tenido una dolencia que solo te ha afectado en eso... además somos muy pocos, yo no conozco a más de ocho a nueve personas; con ellos y conmigo mismo he pensado hacer la historia de "Alicia a través del espejo".

2006-06-29, 19:21 | 5 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/41234

Comentarios

1
De: EMF Fecha: 2006-06-30 09:26

No "EL Mundo" de hoje sí que informam do obituario de Fabian Bielinsky.



2
De: Don Erre que Erre Fecha: 2006-06-30 11:44

TVE anunció días atrás en su página web la emisión de una edición especial de Versión Española en homenaje a Jordá en la que se emitirían "Mones com la Becky" y la extraordinaria "El encargo del cazador". En la misma web ya no figura a día de hoy la emisión de dicho especial.



3
De: mourullo Fecha: 2006-06-30 17:11

Non sei que medios convencionais miraría, Pawley... ;-)

No caso concreto do diario El Mundo é certo que non aparece no apartado "Obituarios" da web, aínda que si que deron conta no mesmo apartado da edición papel do domingo 25 baixo o título "Realizador de la otra cinematografía posible".

No diario ABC, houbo artigo de Weinrichter ese día 25.

E, en La Razón, máis despertos hai artigo o día 24.

Moi na liña todos eles da importancia que lle deu o diario El País co artigo de M. Torreiro nun tardío día 26, vamos.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2006-07-01 05:45

Pois os mesmos que vostede, mourullo. Considera você que eses soltos "estilo axencias" é todo o que merece Joaquim Jordà? Parécelle normal que a web de El Mundo, a mellor con diferenza da prensa española, non saque a morte de Jordà? Parécelle lóxica a tardanza en dar a noticia?



5
De: mourullo Fecha: 2006-07-01 15:57

Pawley, ¿de que estamos a falar, de continentes ou de contidos? ¿De dar a noticia ou do modo? Di vostede: "curiosamente a noticia apenas tivo eco nos medios convencionais non cataláns, exceptuando El País". E ben podería considerarse que si tivo o mesmo eco "penoso" no ABC (co artigo de Weinrichter) e no El Mundo (Francisco Marinero), e descoñezo por que fai a "excepción" co diario El País, que precisamente é quen (para colmo) reseña o feito máis tarde. E, en canto ao estilo, que quere que lle diga, se é "estilo axencias" ou non, paréceme moi similar en todos tres críticos de cine.

Sobre a web de El Mundo (a súa valía e o de que non recolla a nova) temos a mesma opinión.

E para inexplicable e mesmo indigno, na miña opinión, é que na Edición 'Cataluña' de El País aínda estea por aparecer a primeira noticia ou artigo de opinión sobre o feito, que non sexa a simple referencia ao final dunha nova. Agardo que na anunciada edición para Galicia de El País anden máis despertos en casos parecidos...

E sobre outros ecos na prensa convencional catalana, habería moito que falar... como algúns que xogan coa oportunidade (El Periódico) de titular como "entrevista póstuma" unha feita en xaneiro e que no seu momento (a candidatura aos Goya por "Veinte años no es nada") non publicaron.

Para gustos, gustoume o artigo de Esteve Riambau no Avui que acompaña a crónica do pasamento. Non moi longo pero ben cabal.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.92.243 (ad14e44e47)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley