caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Extrarradio, 24 de xuño
> Extrarradio, 24 de xuño <

O Extrarradio de mañá 24 de xuño emítese ao vivo desde a Praia de Riazor da Coruña, así que fican todos convidados a vir, e a ver, como se fai un programa de radio. O cinéfilo que nos acompañará na sección de cine, e por esta vez non por teléfono senón en carne e óso, é o programador do CGAI Xaime Pena, con quen falaremos entre outras cousas do magnífico ciclo dedicado a Jia Zhang-ke que teremos oportunidade de disfrutar a semana que vén.

E pola noite, a partir das 23:30 no Playa Club, gran festa do Extrarradio con entrada libre e as actuacións de Loretta Martin e The Majestics.

2006-06-23, 16:11 | 1 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/41093

Comentarios

1
De: Laurindinha Fecha: 2006-06-23 17:28

Loretta Martin... moi boa elección!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.198.190.185 (bff174eb9a)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley