caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > 28%
> 28% <

O analista catódico proporciona os datos de audiencia do derby de futebol de onte, o España-Túnez: 8.652.000 espectadores vírono por Cuatro e 2.981.000 optaron pola retransmisión da Sexta. Son moitos, si, pero tampouco tantos. Só vinte e oito de cada cen persoas que teñen acceso a televisión; é dicir, setenta e dous de cada cen preferiron non velo.

Vinte e oito de cada cen. Foi unha porcentaxe significaticamente maior a que dixo si ao Estatut de Catalunya. Pero eses foron poucos, disque. O futebol, porén, "paraliza o país" e desata o fervor patriótico.

Xuraría que algúns cidadáns puntúan dobre.

2006-06-20, 15:55 | 14 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/41002

Comentarios

1
De: ictioscopio Fecha: 2006-06-20 16:17

do resto, non todos "preferiron non velo" senón que algúns decantáronse por miralo nun bar :P



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-06-20 16:21

Pero a intución dime que non foron trinta millóns os que o miraron nun bar. En calquera caso, e aínda que o costume estea moi estendido, non computa nos rexistros de audiencias. De feito, eu tamén podo supoñer que hai moitos millóns de persoas que ven pelis de Mizoguchi nos bares en V.O., pero non teño datos que me avalen. :-)



3
De: Vendell Fecha: 2006-06-20 17:18

¿E a de xente que pensaba votar pero non puido porque á avoa lle deu un arrechucho?

Grazas pola análise, tan necesaria nestes tempos nos que os medios gostan tanto da mitoloxía.



4
De: moi même Fecha: 2006-06-20 17:36

Pouco despois do partido: Somos unha potenzia, na TVG: 5,7% de cota. Faga os cálculos... Pode mesmo facelos cos dedos. Menos mal que a maioría da xente prefire o fútbol. Aínda queda algo de sentidiño...



5
De: cossimo Fecha: 2006-06-20 19:19

Co cal temos que deducir que un 72% dos españois está radicalmente en contra do combinado nacional. Porque é así como se debe interpretar esta elevadísima abstención catódica, non?



6
De: Martin Pawley Fecha: 2006-06-20 23:42

Aplicando a lóxica-Rajoil para o Estatut, si. Pero se lle digo a verdade neste blog pasamos moito da lóxica-Rajoil. ;-)



7
De: Luis Fecha: 2006-06-21 00:08

Non sei o share que terían outros partidos patrióticos coma este

http://www.vieiros.com/gterra/nova.php?Ed=44&id=46876

pero o partido de España con Túnez foi o programa máis visto na televisión nos últimos catro anos. Seguro que os fervorosos patriotas galegos seguirán coa mesma devoción agora as fazañas das selecións galegas de baloncesto que presentou hoxe a Conselleira de Cultura. Tamen veremos o share do noso novo Estatuto cando lle toque. Firmaría agora mesmo para o seu referendum polo mesmo porcentaxe que sigue á selección española.



8
De: Martin Pawley Fecha: 2006-06-21 00:45

Luis, está levando o post por onde non é, confrontando a selección galega de futebol coa española; se lle digo a verdade, sinto máis ou menos o mesmo interese por unha que por outra. En calquera caso, apóstolle un café a que o referéndum do Estatuto galego, cando o haxa, será aprobado por máis dun 28% da poboación. Xa non vivimos no ano 1981. Non teña a máis mínima dúbida.



9
De: Luis Fecha: 2006-06-21 10:03

O comentario ia polo da paralización do país, do fervor patriótico e o share televisivol. Pero queda apostado ese café se o noso estatuto é aprobado polo 28 % da poboación con dereito a voto.



10
De: Luis Fecha: 2006-06-21 10:07

E si o PP de Galicia non pide o Si, súbolle a aposta 2 a 1.



11
De: Martin Pawley Fecha: 2006-06-21 10:54

Luis, se o PP de Galicia non pide o Si, non hai Estatuto, e polo tanto tampouco referéndum.



12
De: MH Fecha: 2006-06-21 16:47

Jajajajjajaja.
Don Martin, me ha hecho Ud. reir, y además tiene más razón que un...iba a decir un santo ¿un Papa hablando ex cathedra? Tampoco.. Bueno, que tiene Ud. mucha razón.



13
De: Mifune Fecha: 2006-06-21 17:42

¿santos? cuidado con lo que se dice, que hoy mismo se está deli[be]rando en la Iglesia sobre si la Unidad de España es sagrada o no, como en tiempos de Aquél. :-S



14
De: Pedro Lemos Fecha: 2006-06-22 03:14

Disso posso falar porque o Brasil é o país do futebol. País do futebol? Por que??

Porque a mídia quer, evidentemente. Certo que as maternidades por aqui não presenteiam os pais com bolas ou luvas de goleiros ... e não me recordo de ter implorado para o meu pai comprar para mim algum artigo do gênero nos anos que seguiram o meu nascimento.

Ano passado foi divulgada uma pesquisa que resgatou muito da minha "brasilidade": algo em torno de 70% dos brasileiros "não gostamos" de carnaval ... Aguardaremos pois o resultado em relação ao futebol ... quem sabe depois do resultado eu não me sinta de fato 100% brasileiro?!

:)



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.198.190.185 (bff174eb9a)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley