caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Leni Riefenstahl en Galiza
> Leni Riefenstahl en Galiza <

Agora que o premio de Jaureguizar puxo outra vez de actualidade o nome de Leni Riefenstahl, é bo lembrar que a gran directora viaxou varias veces por España e que nos consta polo seu libro de memorias que tamén pasou por Galiza. Certo que a referencia é mínima, pero aquí estar estivo:

O presidente da empresa cinematográfica española CEA, o señor Rodiño (1), propuxérame un documental sobre España. Empecei a ocuparme dese tema.
Tres veces viaxara por España, do sur ao norte, de oeste a este. Visitara as cidades e as aldeas, aos ricos e aos pobres, e coñecera un país de extremos contrastes. Así atopei o meu título, "Sol e sombra".
Non só nas prazas de touros existían localidades de "sol e sombra", senón que este contraste dábase en moitas outras cousas. Fronte á fertilidade tropical que reinaba no sur, os floridos xardíns de Granada e de Sevilla, os verdes bosques e os frescos prados de Galiza, as exuberantes laranxeiras de Valencia e os fértiles viñedos de Cataluña... a seca. Desapiadado arde o sol nas mesetas de Castilla, desoladas aparecen as xigantescas montañas da provincia de Soria... estepas de kilómetros de lonxitude, sen unha soa folla de herba nin un só arbusto. A natureza dese país é inconmensurábel e os constrastes enormes. O mesmo acontece tamén coas persoas. Que diferencias entre os españois ricos, os príncipes da Igrexa, os toureiros e as persoas traballadoras de todas as clases e capas sociais, os traballadores do porto e as pescadoras, os billeteiros e as froiteiras, os camareiros, os limpabotas e os máis pobres dos pobres que van por aí malvivindo! Non só me atraían os aspectos sociais, senón tamén outras cousas, especialmente os singulares monumentos arquitectónicos. Vin os debuxos da Cova de Altamira que foron feitos moito antes da nosa era. A súa forza lumínica e a súa modernidade admiran aínda hoxe. Visitei a catedral de Burgos, expresión de Occidente, a mesquita fabulosamente fermosa de Córdoba, a sagrada montaña de Montserrat, o Escorial coa súa lúgubre severidade e (que contraste!) a ledicia da Alhambra, que se proxecta torrencialmente cara o ceo e a luz, na miña opinión a máis fermosa de todas as obras de arquitectura creadas por mans humanas.

O guión do seu proxecto de documental estaba estruturado nos seguintes capítulos: Os gorrións de Deus, Encaixes de Valencia, Goyescas, Bosque dos camelos salvaxes, O feiticeiro de Toledo, Laranxas e sal, A pecadora de Granada, A raíña castelá, A festa de San Fermín, Carmen e Don Juan. Á vista dos títulos, non parece que en ningún deles puidera ter presenza o noso país. O que si cabe supoñer é que durante a súa estadía en Galiza Leni Riefenstahl había de tirar proveito da súa cámara. Cantas fotografías sacaría da nosa terra? Estarán aínda na súa casa perto do Lago Starnberg, nese inmenso arquivo que sorprendeu á editora de Taschen por estar meticulosamente ordenado?

Aí hai tema e material para unha posíbel exposición. Quen se anima?

----------
(1) Enrique Domínguez Rodiño naceu en Jérez en 1897 e morreu en Fuenterrabía en 1974. Foi xornalista e diplomático e tamén estivo moi vencellado ao cinema; con el traballou o noso Carlos Velo no filme Romancero marroquí. Durante varios anos foi delegado xeral da productora de cinema CEA.

2006-06-14, 12:29 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/40844

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.162.136.26 (0935b18b09)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley