caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Ground Control to Major Joan
> Ground Control to Major Joan <

En 1997 o artista Joan Fontcuberta presentou na Fundación Arte e Tecnoloxía de Telefónica unha exposición sobre Ivan Istochnikov, un descoñecido cosmonauta ruso que desapareceu estrañamente no espacio xunto á cadela Kloka. Estamos en 1968, cos Estados Unidos e a URSS competindo por ver quen chega primeiro á Lúa. O 25 de outubro lánzase a cápsula Soyuz 2 na que viaxa Ivan Istochnikov; outra nave, a Soyuz 3 tripulada polo tenente coronel Giorgi Beregovoi, deberá facer o día seguinte unha manobra de ensamblaxe en órbita con aquela. Pero as cousas non saen como deben, e despois dun primeiro intento fallido as dúas naves fican distanciadas e perden o contacto entre si. Cando ao cabo dunhas poucas horas volven achegarse, descóbrese con horror que Ivan Istochnikov está desaparecido e que a súa cápsula amosa o impacto dun asteroide. Nada se soubo con certeza do que aconteceu: a porta fica aberta ao misterio. O aparato de governo soviético non estivo disposto a admitir o fracaso da misión e optou por unha solución xa ensaiada anteriormente: borrar todos os rexistros, mesmo fotográficos, que probasen a existencia do seu cosmonauta. Falou do tema o pasado domingo Iker Jiménez no seu (cada día máis involuntariamente cómico) programa de investigación paranormal Cuarto milenio. Poden velo aquí. Fáganme caso, é moi divertido.

Porque a historia de Ivan Istochnikov, tan fascinante, é absolutamente falsa. Unha creación xenial de Joan Fontcuberta. Do que se trataba na súa exposición era xustamente de reflexionar sobre a manipulación da información, ofrecéndolle aos visitantes unha historia inventada armada con probas fraudulentas, pero tamén cheas de referencias que podían revelar a verdade do asunto. O catálogo da exposición, por exemplo, tiña impreso en tinta fluorescente a frase "todo es ficción"; frase esta que tamén aparece na web. Algunhas das pezas eran delirantemente absurdas, como un fragmento "radiactivo" do suposto asteroide co que chocou a nave (participando da colosal broma no Planetario de Pamplona aconsellaban ás embarazadas non aproximarse á peza). Calquera visitante que se tomase a molestia de preguntar se todo aquilo era certo, acabaría por sabelo.

Conta Javier Armentia no seu blog que hai oito anos el e Jontcuberta comentaban entre risas que tarde ou cedo alguén acabaría dando por bo o conto e relatándoo nalgún medio todo cheo de razón. Foi Iker Jiménez, e non pode sorprendernos. Reúne as suficientes condicións de inxenuidade, estupidez ou cara dura como para crer ou facer que cre nesa e noutras moitas trapalladas.

2006-06-13, 11:57 | 9 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/40814

Comentarios

1
De: óscar Fecha: 2006-06-13 13:40

Aydiosmiodiosmioooooo...
A min o Fontcuberta tamén me engañou, hai dez anos, nunha conferencia enseñounos unha serie de fotos de constelacións que non eran tal, senón (desvelouno despois) fotos de parabrisas cheos de mosquitos aplastados. Conste que eu estaba sentado atrás de todo e non vía ben ben de todo, e era a 1ª vez que tiña información dese home, que eu sonche sagaz e espabiladillo como o que máis :-)



2
De: Phil Esterhaus Fecha: 2006-06-13 23:25

Impresionante o de Cuarto Milenio... Pregúntome a quen terán despedido.



3
De: Martin Pawley Fecha: 2006-06-13 23:53

Ao presentador, director, creador do programa...?

O mellor que nos ofrece Cuarto milenio son as parodias que del fai no seu programa El Gran Wyoming (hai varios vídeos no YouTube).



4
De: Phil Esterhaus Fecha: 2006-06-14 00:11

Seino... (Visite ó analista)... Eu aposto polo redactor...



5
De: Martin Pawley Fecha: 2006-06-14 11:01

Visitaríao de boa gana, Phil, pero por razóns que descoñezo desde hai cousa de doce horas non podo acceder aos blogs de Blogspot (e YouTube tampouco me carga ben, por certo). Cousas de R?



6
De: ictioscopio Fecha: 2006-06-14 19:55

Pawley a min pasábame igual, proba a desconectar todo (esas descargaas...) apagar o pc, reiniciar o cable modem, e o pc... non sei se foi por iso ou porque falei por tel. co servizo técnico, pero a min xa me vai ben. :P



7
De: Martin Pawley Fecha: 2006-06-14 21:40

Agora vaime ben. O de apagar o PC e o cable módem é algo que fago todos os días: só teño o ordenador encendido cando estou (máis ou menos) diante. Así non darei chegado a friki na vida!



8
De: Edu Fecha: 2006-06-19 14:47

Boh, non vos creo, eu ben sei que todo é certo e vós estades a soldo dos conspiradores soviéticos.



9
De: Martin Pawley Fecha: 2006-06-19 14:53

Copio e pego do blog de El Pez o que dixo Fríker Jiménez onte sobre o "affaire Istochnikov". Ler para crer:

Por cierto que si nos permiten ahora el juego de palabras pasamos del prenauta al cosmonauta fantasma.
La verdad es que tengo que agradecerles la cantidad increíble de mensajes, de cartas, que muchos amigos de Cuarto Milenio nos han enviado intentando que sepamos lo que era en definitiva una autética leyenda urbana cósmica, que también las hay. Hablábamos de cosmonautas perdidos y hablábamos de la historia de Istochnikov.
Bueno, pues estos amables amigos nos decían que eso en realidad tenía un origen que es digno de otra historia realmente extraña: una -mmm- exposición de un fotógrafo célebre en Cataluña, Joan Fontcuberta, que hizo un trabajo muy polémico, mezclando realidad y ficción y creando esta historia de ese cosmonauta perdido que aquí recordábamos.
Desde luego tengo que agradecer enormemente que nos hayan desvelado esta historia, pues bueno, simpática, curiosa y también decir muy claramente que hemos recibido muchos cartas, mensajes, de observatorios, incluso militares, que nos invitan a hacer Cuarto Milenio desde allí. Les tomamos la palabra: ojalá en la próxima temporada podamos hacerlo y desevelamos así la curiosa paradoja de la historia de Istochnikov, el cosmonauta fantasma que realmente es leyenda cósmica.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.67.122 (20fa5e6ad8)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley