No
Extrarradio de mañá sábado falaremos da chegada aos cines galegos de
O asasinato de Richard Nixon pero sobre todo da estrea de
Cara ao Sur, unha excelente película de Laurent Cantet sobre o turismo sexual cun grupo de mulleres que viaxan ao Haití de Duvalier na procura de sol e homes novos. E a poucas horas de que se entreguen na Illa de San Simón os Premios Xerais teremos como cinéfila a unha persoa do xurado, a escritora
Lucía Novas, gañadora no ano 2001 do Premio de Poesía Concello de Carral co seu libro
Epiderme de estío.
Post-Scriptum: Recoméndolles que vexan hoxe á noite o programa
Planeta Cine. Lembren que a
TVG tamén emite por Internet.
¶