CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > Bruno Dumont
> Bruno Dumont <

Vexo en tres días as tres películas de Bruno Dumont anteriores á que lle proporcionou o Grande Premio do Xuri no recente Festival de Cannes. Twentynine Palms empeza como un machuco entre Vincent Gallo e Antonioni -cineastas estes ben por riba de Monsieur Dumont- pero con moitísimo máis sexo. A parella protagonista viaxa polo deserto californiano, fala (o xusto) e fode (dabondo); a poucos minutos do final o filme vira ao gore coa aparición dunha banda de descerebrados que lle quitan a roupa á muller e golpean e sodomizan ao home, nun deses actos de violencia irracional que son tan útiles para poñerlle fin pola vía brava a unha película. O peor vén despois, cando o nacho decide matar a coiteladas á súa pobre moza no que debe ser un símbolo de algo, quizá da violencia contra o máis fráxil como resposta ante un ataque inesperado; a paranoia post-11S, xa saben. Pero para esa viaxe non eran precisas tantas maletas.

Con La vie de Jesus e L'humanité acordeime moito dos irmáns Dardenne; hai diferenzas entre Bruno Dumont e aqueles, pero a min inspíranme a mesma reacción de odio furibundo polo cine europeo. Estou farto, fartísimo, dese cine cheo de complexos burgueses e falsamente social, ou se o prefiren cine social para pasearse sobre alfombras vermellas. Canto máis vexo "ese" cine europeo, máis me gustan Hou Hsiao-Hsien e Ousmane Sembene, ou mesmo Idrissa Ouedraogo: prefiro os inxenuos aos hipócritas.

2006-06-07, 18:49 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/40649

Comentarios

1
De: Don Erre que Erre Fecha: 2006-06-08 11:06

¡Al fin desprecio y asco! Sabes de sobra que suscribo (casi) todo lo que dices en este post. Y aunque sólo he visto de Dumont "La vie de Jesus" (de las demás sólo he vistos los tráilers) no tengo inconveniente en afirmar que el francés es un botarate más a batir.

Eso sí, discrepo en tu afirmación acerca de la exclusividad europea de este tipo de "subproductos": se encuentran por desgracia en las filmografías de todo el mundo, es sólo cuestión de buscar (los festivaleros lo tienen más fácil).

En mi opinión Vincent Gallo es un cineasta delirantemente ególatra y emponzoñado en la modernidad como para ser colocado por encima de Dumont. "The Brown Bunny" es un material sólo apto para el festival de Gijón y similares, allí dónde abunden las patillas y las gafas de pasta. No hay que olvidar que esta película también incluye la hoy por hoy imprescindible fellatio de turno (habría que hacer recuento de los títulos "seminales" del cine contemporáneo que incluyen "genitalia" en sus más diversas aplicaciones)

"L´Humanité" es un título tan gratuíto y pedante como (y detesto repetirme) "La libertad" y "Los muertos".

Hou no me parece ingenuo en absoluto aunque gracias a sus decepcionantes últimos títulos haya bajado bastantes puestos en mi voluble escalafón, "City of Sadness" o "Dust in the Wind" me siguen pareciendo absolutamente maravillosas. Por cierto, recomiendo encarecidamente la filmografía completa de Edward Yang, un cineasta que creo no está todo lo reconicido que merece.

Saludos.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-06-08 11:27

Non, non, o que fai un cine (algo) inxenuo é Idrissa Ouedraogo. Concordo na infinita egolatría de Vincent Gallo, pero discrepo da súa percepción negativa de The Brown Bunny (e por suposto non comparto o seu desprezo por Lisandro Alonso).

Polas referencias que teño, seguro que a vostede íalle encantar Hamaca paraguaya, premiada pola FIPRESCI no último Cannes. :-P



3
De: Don Erre que Erre Fecha: 2006-06-08 17:26

Interesante enlace. Ya tenía alguna información del film paraguayo gracias a "Días de cine". Me llamó sobre todo la atención el aspecto de la directora, ataviada con blusa y fular al más puro estilo juventudes del PP.

La galería de fotos del link me parece impagable, nadie diría que las imágenes pertenecen a una película, más bien al album de fotos de un turista ilustrado, ¿realmente pasa algo en ellas además del ritmo cardíaco de las figuras con paisaje al fondo?. Seguramente la UNESCO le dará algún premio.

Martin, tú que conoces bien el exiguo panorama cinematográfico galaico, ¿crees que hay alguna posibilidad de poder llegar a disfrutar de un tipo de cine parecido pero hecho AQUÍ, por los de AQUÍ?.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2006-06-09 11:02

Pois non parece, non. Polo pouco que eu sei, xuraría que un plano de máis de trinta segundos pon nervosos aos (incipientes) cineastas.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.16 (fb547fdcf1)
Comentario

tradución automática: es pt












doa os teus órganos!



axenda cultural

están vivos!



os arquivos estranhos


cuestionario Proust


a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com



chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley