O último e non especialmente estimulante filme do prolífico Michael Winterbottom,
Road to Guantanamo, ocupará uns minutos dun
Extrarradio no que falaremos con Hannes Stöhr, o director de
Galatasaray-Depor, coprodución galego-alemá que reúne catro historias ambientadas en catro cidades diferentes (Moscú, Istambul, Santiago de Compostela e Berlín) con roubos reais ou finxidos no día que se xoga a final da Champions League entre os equipos do título. Un divertido retrato dunha Europa multicultural que atopa certas dificultades para comunicarse e facerse entender.
Actualización: no
Extrarradio do domingo 4 de xuño tamén aparecerei para falar de cine e festivais LGBT na sección que leva Xabier Cid.
¶