caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Resaca das Letras '06
> Resaca das Letras '06 <

Os que poidan ir mañá a Pontevedra, que vaian e nolo conten logo, fagan o favor:

O martes 23 de maio ás 16.15h terá lugar a IV Edición da Resaca das Letras [RdL06], unha xornada de reivindicación da Internet en galego na que terá lugar unha mesa redonda onde intervirán persoeiros do mundo da web e da comunicación de Galicia. A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra acollerá este acto na aula 7, e terá como convidados a Luis Álvarez Pousa (director de Tempos Novos e profesor de xornalismo especializado na Universidade de Santiago), Marcus Fernández (xestor web do diario tecnolóxico Codigocero.com), Carlos Santiago (escritor e membro de Arredemo e Burla Negra), Berto Yañez (fundador das plataformas de interacción social en Internet Aduaneiros sem fronteiras e Chuza.org), María Yáñez (directora de Vieiros) e Amador Loureiro (a dorfunteca).

A Resaca das Letras nace en 2002 no abeiro da Facultade de CCSS e da Comunicación. No ano 2004 outorgáronse premios ós millores sites en galego e resultaron gañadoras as páxinas de Vieiros.com e Reizentolo.com entre outras. Este ano, o acto centrarase na mesa redonda coa aportación dos convidados que abordarán diversas liñas temáticas no mapa web galego actual, desde o contexto comunicacional da rede até o boom dos blogs, pasando pola crecente importancia da interacción social na Internet. Asemade, avaliaráse o estado actual da rede galega e as perspectivas de futuro, así como a importancia de que a nosa cultura e língua conformen un espazo propio neste ámbito.

Pero aínda hai máis. Na propia facultade de CCSS e da Comunicación terá lugar un maratón de lectura de grandes obras en galego en formato de mini-libros. Esta iniciativa promovida polo docente Benigno Fernández Salgado, pretende, ó igual que a Resaca das Letras, a difusión e promoción do idioma galego. A maratón comezará as nove da mañá no salón de graos e durará aproximadamente entre oito e nove horas nas que os estudantes lerán para deleitar e potenciar o galego.

2006-05-22, 14:43 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/40160

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.81.154.223 (32e738f560)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley