Con varias horas de retraso debido a problemas co ordenador característicos dos que aínda non nos pasamos totalmente ao software libre, comunícolles que no Extrarradio do sábado 20 de maio lercheamos un pouco sobre as setecentas copias en España do Código da Vinci, da espantosa Vida perra de Juanita Narboni e da tontísima e absurda Burt Munro: un sueño, una leyenda, que lles recomendo que vexan porque se non a ven non a crerán. O cinéfilo desta semana foi o gran Ramón Campos, guionista e creador da mellor serie de televisión feita nunca neste país.
¶
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.