Abra la ventana, desde hace unos días puedo volar
Inicio > Historias > Los muertos
> Los muertos <

-Me contaron que anduviste preso
-No, no me acuerdo más. Ya me olvidé de todo
-Ahí te estaba esperando porque María te dejó esa canoa...
-Ah, ¿esa canoa?
-...esta es la que trajo María... trajo esta para que puedas ir al encuentro de ella (...) Me dijeron que anduviste preso, que mataste a tus hermanos.
-Sí, sí, pero ya me olvidé. Ya me pasó todo.

Lisandro Alonso, guionista e director de Los muertos, recoñece na súa obra a pegada literaria de Horacio Quiroga. Eu acho tamén ás veces un forte arrecendo a Juan Rulfo nesta portentosa película que discorre ao ritmo tranquilo dunha canoa por un río. O protagonista, Argentino Vargas, sae do cárcere despois de cumplir moitos anos de condena e vai ao encontro da súa familia; déitase cunha prostituta, detense a comprar unha camisa para a súa filla e nunha escena que só un hipócrita consideraría excesiva degola unha cabra e ábrea e límpaa diante dos nosos ollos. Lisandro Alonso puidera ser unha sorte de parente arxentino de Apichatpong Weerasethakul, con quen comparte xeneración e un gusto semellante polos planos longos e de magnética beleza, adubados por unha banda sonora inzada de sons naturais: os chíos dos paxaros, o asubío do vento, o arrolar das augas. É un envoltorio de absoluta placidez, pero vén de orixe alterado polo efecto que no espectador produce o inquedante comezo do filme, que vai camiño de se facer lexendario. Desde ese momento e até a súa extraordinariamente fermosa secuencia final, con Vargas por fin xunto aos seus netos nunha cabaña cuberta por plásticos, Los muertos revélase coma un filme pouco explícito, mesmo enigmático. Nada importa o que non se conta, en calquera caso; é infinitamente máis valioso o que se ve, o retrato doloroso duns personaxes que hai moito que deixaron de estar vivos da man dun cineasta que sabe que ningunha cousa é prescindíbel se miramos para ela o tempo suficiente.

Entrevistas con Lisandro Alonso: Revista Critério / Mabuse / Subjetiva / Senses of cinema

2006-05-10, 03:19 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/39812

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.179.243 (32f2a66cdc)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley