caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Tobi
> Tobi <

Nunha conversa que mantiven hai non máis de catro semanas alguén fixo referencia a un filme español sobre un neno ao que lle saían unhas ás; unha desas historias estarrecedoramente tristes ao estilo Marcelino pan y vino, pero sen o talento de Ladislao Vajda na dirección. Prometín dar máis datos sobre esa película, pero o caso é que non lembro quen foi o que me preguntou por ela, así que o conto aquí no blog e ao mellor até o le, e todo: a película titúlase Tobi e foi escrita e dirixida por Antonio Mercero, e o neno protagonista respondía daquela ao nome de Lolo García, actor que debutara un ano antes en La guerra de papá, adaptación dunha novela de Miguel Delibes.

2006-05-09, 02:11 | 5 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/39781

Comentarios

1
De: ictioscopio Fecha: 2006-05-09 03:21

foi Dorfun quen fixo a referencia, se non me trabuco ;)



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-05-09 13:59

Si, a min soábame a conversa post-EnBlogs, pero non estaba seguro de todo.



3
De: ictioscopio Fecha: 2006-05-10 20:05

que comerías e beberías para telo esquecido...? :P



4
De: Martin Pawley Fecha: 2006-05-11 12:22

O problema é que estaba obnubilado pola presenza simultánea de Rosa Aneiros e de ascárida; foi así que esquecín todo :-P



5
De: lifmialón Fecha: 2006-05-12 01:11

Lembro confusamente esa película, daquela eu tiña a mesma idade máis ou menos do protagonista, e o pouco que lembro son arrepíos de tristeza sombría, coma ese patetismo do clown chorando borracho na caravana en películas pretendidamente infantís. Uf, aquel neno con ás metía máis medo que toda-las historias para non durmir.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.198.28.114 (cacf119200)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley