No día da estrea masiva de Misión Imposible III no Extrarradio falaremos dun bonito filme arxentino que merece unha oportunidade, El Cielito, pero sobre todo da película máis estúpida que eu lembro ter visto en anos, What the bleep do we know?, idiotizante lixo new-age con apariencia de documental, ideal para seguidores de Iker Jiménez. E para sacudirnos a caspa da pseudociencia, unha conversa con Óscar Blanco, presidente da Agrupación Astronómica Io, en directo desde unha das carpas montadas no Parque de Santa Margarita da Coruña con motivo do Día da Ciencia na Rúa; ou de como compartir o interese polas estrelas do cine e as do firmamento.
¶
Hoy estoy escuchando el programa, eh? (estoy flipando con los anuncios, hay uno que advertía "antes de participar en este evento ha de saber que está organizado por la Consejería de tal y cual...", joder, que ya no está el Fragasaurio, ya no hace falta alertar xD).
"El Cielito" la viste en Donosti, no? O me estoy liando con otra...
Prometo erguerme o sábado que ven cedo, cando me dou conta xa pasou o programa. Pawley avise cando abra a libraría Azeta, que lle teño ganas :).
Saúdos.
El cielito vímola en Donosti, pero non o ano pasado, senón o anterior. Non é ningunha obra mestra, pero paga a pena. Entre unhas cousas e outras, supoño que o bebé que co-protagoniza o filme debe estar xa a punto para a Primeira Comuñón...
eu, agradézolle o esforzo de ter madrugado esta vez ;-)
besbellinha, cedo cedo non fai falta erguerse, que o programa comeza ás once :-) (e a miña sección ás 12:45, que é unha hora estupenda para estar esperto tomando o vermú). A libraría Azeta leva aberta dez anos e alí segue; o que está agora é en proceso de expansión, estendéndose polo local que está a carón. Empezaron hai pouco a obra, que estará acabada dentro dunhas semanas. Haberá que inaugurala debidamente; aporten ideas, se queren, e eu encárgome de transmitirllas a O'Suso. A miña primeira suxestión: un concerto de música brasileira, que malo será que non deamos con alguén disposto a tocar unhas pezas. E algunha presentación libresca.
Vaia, tróuxome recordos de cando botei unha man no penúltimo eclipse nese mesmo Parque de Santa Margarita, ante a demanda de colaboración ao público presente que fixo outro interesado polo firmamento. E que ben o pasei ese rato de proxección con lentes na cartulina!
Irrupción informativa: Se non hai nada que o impida partimos mañá cos 6º de separación. Hai unha notiña no blog e varios comentarios sobre como fican as cousas finalmente.
Bks
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.