Da excelente Free Zone, unha verdadeira alfaia dirixida por Amos Gitai xa vista o pasado mes de novembro en Cineuropa, nos ocuparemos hoxe no Extrarradio aproveitando que se estreou onte en diferentes cidades españolas aínda que non chegou ningunha copia a Galiza. Si poderemos ver De battre mon coeur s'est arrêté, o filme de Jacques Audiard que resultou o grande triunfador dos últimos premios César e que será a película coa que eu despida aos Multicines Equitativa, que pechan dentro de poucos días.
En vésperas de que arranque o ciclo de road movies da Fundación Caixa Galicia no resto das sedes galegas despois do debut coruñés, teremos como cinéfila esta semana á súa programadora, Yolanda López, para falarmos sobre esas e outras viaxes iniciáticas e lerchear tamén un pouco sobre o estado do audiovisual galego.
¶
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.