caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Os libros van ardendo
> Os libros van ardendo <

Disque o editor está moi contento con Os libros arden mal, a (agardadísima) novela de Manuel Rivas, sobre todo agora que xa parece que vai indo. A falta de saber unha data definitiva, o que si é seguro é que poderemos levala este verán á praia, aínda que o seu voluminoso tamaño, ben por riba das cincocentas páxinas, non aconsellará paseala moito. Ducias de personaxes, algúns deles de papel, mestúranse nun relato de búsqueda(s) libresca(s) que promete ser, para ben ou para mal, o libro do ano das nosas letras. Eu xa devezo por ler o seu capítulo terceiro; e non lles digo máis, que máis non sei.

2006-04-28, 02:43 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/39479

Comentarios

1
De: Edu Fecha: 2006-04-28 11:34

500 páxinas? Semella que Rivas decidiuse por fin a recoller a luva que lle guindou Torrente no seu día.



2
De: Miliki Fecha: 2006-04-28 12:51

500 páxinas? O efecto Kaneiro!



3
De: oko Fecha: 2006-04-28 23:18

eu tamén devezo por lelo, anque debo confesar que ando un pouco desilusionada con Rivas. será que non levo moi ben iso da profesionalización dos escritores...



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.92.180.46 (3720b17153)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley