caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Reportaxe sobre torturas en España
> Reportaxe sobre torturas en España <

O programa Dateline empezou a emitirse en 1984 e é o máis veterano dos programas de información internacional da televisión australiana, con fama de ser rigoroso e incisivo no tratamento dos temas. Leva acumulado un bo número de premios en certames de todo o mundo, e o seu presentador, George Negus, é unha figura respeitada e prestixiosa. Recentemente este espazo de televisión emitiu unha reportaxe sobre a tortura en España, que pode ser visto online se pican nesta ligazón (funciona co Real Player; transcrición dos textos, aquí). Ao longo dos seus vinte e cinco minutos de duración recóllense diferentes testemuñas que denucian casos de tortura en Euskal Herria, sendo especialmente interesantes as palabras de Martxelo Otamendi, director do xornal en euskera Egunkaria que foi pechado pola súa presunta relación coa banda terrorista ETA, feitos eses aínda pendentes de resolución xudicial. O programa recolle tamén declaracións de Theo Van Boven, representante da ONU para os Dereitos Humanos que investigou o tema das torturas en España, concluíndo nun informe de febreiro do 2004 que as denuncias non todas foron inventadas e que esas prácticas, aínda que non sistemáticas, eran algo máis que esporádicas e puntuais (1). Na parte final aparece unha entrevista dun membro do equipo de Dateline, David O'Shea, co secretario de estado para a seguridade Antonio Camacho, quen ante as preguntas sobre os casos que recolle Theo van Boven no seu informe especial esíxelle ao xornalista que "apague a cámara" para "replantexar os términos da entrevista".

Lembremos de paso que a lei antiterrorista aínda vixente permite que os detidos permanezan incomunicados durante varios días, un tratamento diferente do que se lles reserva aos sospeitosos doutros delictos. Amnistía Internacional tense pronunciado expresamente en contra desas medidas, aconsellando ademais a colocación de cámaras de vídeo para eliminar a sospeita de violencia durante os interrogatorios.

(1) "It is my considered view in the light of the internal consistency of the information received and the precision of factual details, that these allegations of torture and ill-treatment are certainly not all invented and practices of this kind, though not systematic, were more than sporadic and incidental", Theo van Boven, informe sobre torturas en España, febreiro de 2004.

2006-04-24, 23:57 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/39380

1
De: Mifune no enikki Fecha: 2006-04-26 13:31

\"Apaga la cámara ahora mismo\": « Estos días estoy grabando hasta altas horas de la madrugada por lo que se me descomponen los horarios diurnos y no me acerco a Internet. Llevo una semana pensando en cómo tratar un tema que me indigna tanto, porque»



2
De: Kili-Kili Fecha: 2006-04-26 13:39

No comment: « Antonio Camacho, australiar batek egindako elkarrizketa batean: YouTube-n.»



Comentarios

1
De: mourullo Fecha: 2006-04-26 00:40

Seguira a polémica sobre o comportamento do señor Antonio Camacho en Escolar.net e resulta moi interesante comprobar as reaccións que provoca na xente que se fale de posibles torturas en España.



2
De: Mifune Fecha: 2006-04-26 13:00

Cuando se habla en las televisiones españolas del exceso de celo policial en Marruecos, Francia, Italia, E.E.U.U. etc. la gente se lamenta bufando ante lo que les dice Aministía Internacional o la Comisión de Derechos Humanos de la ONU.
Cuando estos mismos organismos hablan de España en este apartado (el país con más denuncias de tortura en la Unión Europea y con leyes como la "antiterrorista" o "la Corcuera" denunciadas por Aministía Internacional y la Unesco) las televisiones muy muy raras veces se hacen eco (alguna autonómica) y desde luego la gente mira a otro lado de manera incómoda.
La comunidad internacional, y no sólo desde Indymedia y lugartes afines, llama a Antonio Camacho "censor" e "inquisidor". Con toda la razón.
Aquí somos muy humanistas, muy de izquierdas o muy de derechas, muy pacifistas, muy religiosos o muy éticos, muy solidarios, muy waltdisneys... pero siempre con lo que ocurre allí, donde es fácil sentirse ajeno. El resto de países nos mira como nosotros les miramos a ellos. Pero no lo sabemos o no lo queremos saber, que es peor.



3
De: Mifune Fecha: 2006-04-26 13:03

Por cierto, Martin, valiente post. Aunque siempre ha sido un blog valiente. ;)



4
De: Martin Pawley Fecha: 2006-04-26 14:40

A tortura é a negación do estado de dereito: a máis mínima sospeita debera ser escrupulosamente investigada e feita pública. Non comprendo o silenzo dos medios convencionais ante casos coma eses, ben sexa para denuncialos, ben sexa para desmentilos con argumentos sólidos. Por que os xornais e as radios se ocuparon extensamente dun posíbel caso de violencia policial, o de Roquetas, e de maneira sistemática ignoran denuncias semellantes que se producen en terras vascas? E que quede claro que eu nin dou nin quito crédito a esas denuncias, pois non teño datos para xulgar se me parecen verosímiles ou non; pero si creo que son suficientemente numerosas como para aceptar as palabras de Theo van Boven e asumir que non sendo unhas prácticas sistemáticas, si son desde logo algo máis que "esporádicas".

A actitude de Antonio Camacho debería ser motivo de cese. Nun tema así a resposta dun secretario de estado ten que ser rotunda e clara, e a favor dos dereitos humanos de todos, bos ou malos, evidentemente. Cando o que fai é querer "matar ao mensaxeiro" é porque non ten nada mellor que dicir, e iso é un grande problema. Enorme.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.92.180.46 (3720b17153)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley