caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Axenda coruñesa
> Axenda coruñesa <

Luns, 24 de abril

Temos para escoller: unha conferencia de Fernando Schwartz na cal o verdadeiramnete interesante é o presentador ou o filme Easy rider, dentro do ciclo de road movies organizado pola Fundación Caixa Galicia, ás 20 horas na sede do Cantón Grande. Eu ficarei na casa vendo filmes de Sojurov e o debate da galega, que hoxe ha de gustarlle moito a mourullo.

Martes, 25 de abril

Ademais de escoitar o Grandola vila morena (e o menos lembrado pero igualmente significativo na historia E Depois do Adeus de Paulo Carvalho), a iso das 20:30 haberá que estar no CGAI para ficar fascinados dúas veces máis co talento inmenso de Chris Marker: Cinéma de notre temps: une journée d'Andrei Arsenevitch, documental sobre a rodaxe de Sacrificio, o testamento cinematográfico de Andrei Trakovsky, que lle encargou expresamente este traballo ao xenial francés; e a sublime e atrevida Chats perchés.

Mércores, 26 de abril

Ás 20 horas na libraría Nós, presentación do novo libro de Camilo Nogueira, A terra cantada, coa presenza do autor, o editor e o escritor Manuel Rivas. E logo, pola noite, o concerto ritual do Bamba, con Márcio, Andrey, Rodrigo e calquera outro que pase e saiba tocar ben a guitarra ou se anime a cantar algo.

Xoves, 27 de abril

Concerto na Barrié, neste caso a estupenda Eliane Elias. As entradas son de balde e repártense o día anterior; eu xa nin me molesto en intentalo. Probarei sorte o mesmo día, a ver se hai oco libre Nin iso: é ás oito da tarde, unha hora estupenda para un concerto en Estocolmo, pero non tanto na latitude 43.

Venres, 28 de abril

Outra vez ao CGAI para pechar o ciclo Chris Marker coa súa homenaxe a Simone Signoret e atender á presentación do libro Mystère Marker da man dos seus coordinadores, María Luisa Ortega e Antonio Weinrichter.

Sábado, 29 de abril

Unha proposta feita por Camiño París (vémonos o mércores, por certo?): no teatro Rosalía de Castro, gala do día mundial da danza. Marta Franco (danza do vientre), Nova Galega de Danza (contemporáneo e tradicional), compañía ARTESTUDIO E EXPERIMENTADANZA, do máis recomendable... A partir das 21:00, entradas de 6 a 12 euros. E cito textualmente: "Pagará moitísimo a pena, anímense!!!"

2006-04-24, 15:08 | 2 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/39370

Comentarios

1
De: C. Paris Fecha: 2006-04-24 16:02

Sábado, 29 de abril.
No fermoso teatro Rosalía de Castro, poderán disfrutar da gala do día mundial da danza. Marta Franco danza co vientre, Nova Galega de danza mestura contemporáneo e tradicional; compañía ARTESTUDIO E EXPERIMENTADANZA, do máis recomendable, poñen o contemporáneo....e haberá neoclásico e baile español.
A partir das 21:00, entradas de 6 a 12 euros. Pagará moitísimo a pena, anímense!!!



2
De: Vendell Fecha: 2006-04-24 21:09

O do martes no CGAI ten boa pinta, abofé.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.227.126.69 (ca58b4fcd4)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley