caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Día do Libro
> Día do Libro <

Hoxe é o Día do Libro, a celebración favorita de Corina Porro, e con ese motivo pedíronnos no Extrarradio que fixeramos algunha recomendación literaria. No meu caso foi cinéfila e dobre: un clásico e un moderno.

O clásico é unha obra verdadeiramente imprescindíbel na biblioteca de calquera afeccionado: El cine según Hitchcock, o volume que recolle as conversas que mantivo François Truffaut co xenial director inglés, un ao que sempre se acaba volvendo. Fronte o lercheo e o gusto que outras obras amosan polos aspectos máis tormentosos dun home acomplexado polas súas formas e obsesionado coas loiras, o libro de Truffaut é cen por cen cine e ofrece feixes de razóns para facer medrar a nosa admiración por unha filmografía irrepetíbel que soubo conquistar o aprezo do público e da crítica. Poden atopalo en calquera libraría, editado por Alianza na súa colección de peto [ISBN: 84-206-3856-0].

O moderno é ¿Qué es una buena película?, de Laurent Jullier, editado por Paidós [ISBN:84-493-1833-5], e nel o autor fai un repaso dos diferentes criterios baixo os cales dicimos que un filme é bo, ás veces desmontándoos ou polo menos sementando neles algunhas dúbidas. A tradución é francamente mellorábel; vai sendo hora de que as editoriais lle encarguen estas cousas a xente disposta a comprobar a corrección dos datos que se inclúen, evitando as inexactitudes nos títulos, por exemplo. Xa na páxina 33 Miguel Rubio refírese a The Sword and the Stone como El mago Merlín, ignorando que en España ese filme chamouse Merlín el encantador, e de paso pon equivocadamente en castelán as frases finais dese pequeno clásico da animación:

Merlin: Why, they might even make a motion picture about you.
Arthur: Motion picture?
Merlin: Oh. Well, that's something like television... without commercials.

A edición española do libro de Jullier reproduce ese diálogo desta maneira:

Merlín: ¡Se harán películas sobre ti!
Mosquito, futuro rey Arturo: ¿Qué es una película?
Merlín: ¡Es como la televisión, pero sin incidentes técnicos

Cambiar "commercials" (anuncios) por "incidentes técnicos" é bastante absurdo, aínda que serve de apoio a esta frase anterior do ensaio:

"Convertida en caduca por el paso del tiempo, la última réplica del diálogo de "El Mago Merlín" (...) suena hoy de manera muy extraña: nos informa sobre lo que fue el mundo al comienzo de los años sesenta".

Despréndese diso que nos sesenta a televisión tiña moitos incidentes técnicos e agora non. O que acontece é que no orixinal, como xa vimos, non hai incidentes técnicos, senón anuncios, e diso segue habendo ás cheas. Descoñezo se ese erro está xa no texto de Jullier, seguramente si, pero en calquera caso é obriga do editor/tradutor sinalalo, da mesma maneira que se indican a pé de páxina todas as citas de revistas e libros malia que saibamos que son na súa maioría imposíbeis de atopar. Un mínimo reproche para un producto en calquera caso moi estimulante.

2006-04-23, 18:16 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/39344

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.32.65 (d3893ad4e6)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley