caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Xa o poño enriba do post: eu estou con berto
> Xa o poño enriba do post: eu estou con berto <

Entérome polo blog de ascárida de que hai un nacho que lle chamou indocumentado ao meu amigo berto nun post que empeza referíndose a el como un "experto", así, con comiñas, para que se note ben a súa sutil ironía. Enrique Castro é socialista, ou para ser máis exactos é do PSOE, e se lle replicas un pouco axiña insinúa que ti es da "U", amosando unha capacidade para a dialéctica de nivel semellante á dos contertulios de 59 segundos. O home quéixase enerxicamente dos operadores de telefonía porque poñen o ADSL moi caro. Os operadores son malos malísimos, iso xa o sabemos; e tan grande é a súa maldade que ningún Cabaleiro Montilla pode facer nada contra eles, pois é evidente que a capacidade de influencia dun governo sobre o sector estratéxico das telecomunicacións é moi limitada. Non sei se a min se me nota tanto a ironía como ao señor Castro, pero se teñen dúbidas avísenme e póñolles tamén unhas cantas comiñas.

mourullo sitúanos sobre a pista dun comentario que deixou no seu día en Cas SiHomeSi: "En primeiro lugar disculpade o meu galego... eu solamente levo 14 anos en Galicia". Carafio! Só leva catorce anos na nosa terra! Pois eu de ser el case cambiaba de academia, ho. Ou metíame a falar máis coa xente. A miña amiga Bossanova aprendeu francés vivindo dez meses en Lille; non ten tan bo sotaque como Jeanne Moureau, pero fala a lingua de Camus que a come o demo. Se en dez meses se aprende francés, imaxinen en catorce anos! Catorce anos parece tempo dabondo para aprendermos calquera lingua a pouco que lle botemos algo de vontade. Claro que se non temos verdadeiro interese é imposíbel aprender nada, e entón están de máis todas as desculpas.

2006-04-19, 01:50 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/39225

Comentarios

1
De: berto Fecha: 2006-04-19 12:33

grathanks pawley! eu non podo resumir mellor o asunto que citando unha pelicula (co seu permiso: mala, pero grandiosa):

"So many assholes... So few bullets..."

The Adventures of Ford Fairlane (1990)



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-04-19 14:00

Seguindo con clásicos do cinema, podemos remontarnos a aquela mítica escena de Plan 9 from outer space, con aquel tipiño dicindo histericamente "You see? You see? You're stupid minds! Stupid! Stupid!"



3
De: Nuala Fecha: 2006-04-19 14:36

so 14 anos? Manda truco, como e que non lle puso cominhas o de "solamente"?



4
De: mourullo Fecha: 2006-04-20 00:41

Pawley, Pawley... vai conseguir que lle inviten a unhas xornadas con Carlos Carnicero. ;-)



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.81.154.223 (32e738f560)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley