caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Abaixo a monarquía!
> Abaixo a monarquía! <

Hai diversos xeitos de ser republicano. Eu sono por exclusión: sentíndome profundamente antimonárquico, non me queda senón definirme como republicano. Postos a preferir, preferiría que desaparecese toda forma de Estado, pero algo dime que esa aspiración non vai poder concretarse nun prazo de tempo razoábel.

También hai diferentes xeitos de ser antimonárquico. En España é típico un antimonarquismo xenérico, que funciona na práctica como monarquismo concreto. É o da xente que renuncia a defender a monarquía, en xeral -e moi particularmente a británica-, pero saca a cara pola monarquía españonda. Sostén que foi moi útil á democracia.

A min pásame xusto o contrario. Son hostil a todas as monarquías, en xeral, pero sobre todo á española. Porque me consta que foi nefasta. En particular para a democracia. Juan Carlos de Borbón foi unha peza clave na realización dos proxectos que trazou Franco para salvar o esencial do seu réxime, aínda a costa de sacrificar as súas formas ditatoriais, por outra parte imposíbeis de manter...

Javier Ortiz, ¡Abajo la monarquía!

2006-04-14, 17:12 | 12 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/39136

Comentarios

1
De: josé Cavaco Fecha: 2006-04-14 18:23

Javier, não posso estar de acordo contigo. Para lá de perseguirmos a utopia de que o melhor é não haver governos, não nos podemos esquecer que os sistemas políticos mais avançados do mundo são as monarquias nórdicas, onde o progresso não olvida as políticas sociais. Por experiência própria, posso dizer-te que a república ( considerando que, tal como um rei, um presidente da república é um zero à esquerda) é mais dispendiosa e perturbadora: os actos eleitorais custam dinheiro e o resultado é o mesmo. Põe isto na tua cabeça.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-04-14 18:27

A miña monarquía nórdica favorita é a República de Finlandia.



3
De: José Cavaco Fecha: 2006-04-14 21:17

Tens razão na tua apreciação: segundo o catalão Manuel Castells, professor em Berkeley, Califórnia e um dos maiores peritos mundiais sobre sistemas económicos, a Finlândia, a sociedade de informação mais avançada do mundo e a economia europeia mais produtiva e competitiva, possuindo um modelo de inovação e de crescimento económico totalmente diferente do de Silicon Valley, apresenta os mesmos resultados em termos de inovação, mas uma coesão social e qualidade de vida muito superior. Contudo, a Suécia, a Dinamarca e mesmo a Noroega estão em posições invejáveis, não interferindo muito o facto de serem monarquias ou repúblicas. Bastam-lhe ser países evoluídos e profundamente democráticos. Oxalá nós, os do sul, pudessemos juntar o que há de bom neles com o clima que já temos. Pode ser que a globalização e os novos políticos, que ainda não temos, nos venham a conduzir por esse caminho. Haja esperança!



4
De: mourullo Fecha: 2006-04-14 22:42

Artigo 56 da Constitución de 1978

1. O rei é o xefe do Estado, símbolo da súa unidade e permanencia, arbitra e modera o funcionamento regular das institucións, asume a máis alta representación do Estado español nas relacións internacionais, especialmente coas nacións da súa comunidade histórica, e exerce as funcións que lle atribúen expresamente a Constitución e mailas leis.

2. O seu título é o de rei de España e poderá facer uso dos demais que lle correspondan á Coroa.

3. A persoa do rei é inviolable e non está suxeita a responsabilidade. Os seus actos estarán sempre referendados na forma establecida no artigo 64, carecendo de validez sen ese referendo, agás o disposto no artigo 65.2.

- - - - -

Non lles produce... urticaria?



5
De: Martin Pawley Fecha: 2006-04-14 22:45

O que non me parece é que a monarquía teña algo que ver na prosperidade deses países. É certo que no Relatorio da ONU sobre desenvolvemento humano aparecen en postos de cabeza países coma Noruega ou Suecia, pero tamén Islandia, Australia, Canadá, Suiza, Irlanda, Estados Unidos, Finlandia, Franza, Austria, Italia, Nova Zelandia ou Alemaña (todos eles repúblicas, e todos entre os vinte primeiros).



6
De: Martins Fecha: 2006-04-15 00:16

Australia, Canadá, Nova Zelandia???



7
De: Martin Pawley Fecha: 2006-04-15 00:23

Beeeen, vale. Formalmente eses tres países son monarquías constitucionais, coa octoxenaria Queen Elizabeth no chanzo máis alto da escaleira. Formalmente si, pero na práctica...



8
De: IaRRoVaWo Fecha: 2006-04-16 15:53

O que é verdade é que a monarquía non fai nada. Como dí Martin Pawley, a monarquía de Noruega, Suecia, etc. non ten nada que ver co posto que teñan na ONU. Polo menos, a monarquía española é innecesaria.



9
De: Roselynn Fecha: 2006-04-17 01:44

Pois aí lle deches ben, Pawley, as monarquías europeas son formais, e incluo a española. Non fondo tanto tén quen nos leve os cartos do noso traballo; eu o que son é anticlasista!

Saúde!



10
De: bonnot Fecha: 2006-04-17 14:13

Ortiz mola, pero sentirse antimonárquico non fai a un republicano. Quedan moitas outras posibilidades. Algunha delas, moito máis estimulante...



11
De: jorge Fecha: 2006-04-17 18:41

Eu tamén son republicano pero creo que en tódalos psuperpaíses que se nombraron algúns comentarios máis arriba ten máis que ver no seu desnvolvemento o seu laicismo que o seu republicanismo.



12
De: aNXO Fecha: 2006-04-21 21:58

Eu non sei exactamente o papel da monarquía española. Seica é imprescindible para que os nosos patróns poidan vender os seus produtos en varios países (tódolos "mass media" sempre nos enchen a mente coa idea de son "o mellor embaixador"). Pero a parte da cuestión ideolóxica (estou tamén contra o parasitismo), a miña incerteza é a seguinte: se sabemos o que nos custa (o seu salario aparece tódolos anos os Orzamentos Xerais do Estado), e se cando comezaron a traballar non tiñan patrimonio ¿de onde saíron os cartos para que Urdangarín e unha das infantas se fagan tremenda mansión de varios centos de millóns de "euros"? E e que a rapaza que ten un bonito traballo finaciado pola Caixa non dá máis de 2.000 € mes. E o pobre Iñaki, tiña un restaurante ruinoso con varios colegas do balomá, que coa voda mellorou algo, tamén cobrou algo polo "enchufe" no rollo olímpico mais seguen faltando cartos.

Hoxe o noso rei e a súa prole, xa ten un certo patrimonio. ¿Todo procede dos seus bós conselleiros financeiros? ¿Por que nunha República o Presidente si é responsable e o noso Rei non, como ben apontaba Mourullo apoiándose na Constitución? ¿Onde queda a célebre máxima, base de calquera sistema democrático, da igualdade perante a lei?
¿Por que nun país que defende a liberdade de expresión, todo é criticable, excepto determinada institución (dentro dun límite, claro).

¿Hai resposta? Ou como tantos temas neste estado tan moderno, cómpre "non meneallo"?



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.225.54.120 (0f9f8a5c91)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley