A pobreza no mundo, a SIDA, etc... esa clase de temas non son "un tema", son "o tema". Para calquera home ou muller de ben non pode existir outra prioridade que a de conseguir que o mundo sexa un lugar máis xusto, onde todos teñan a oportunidade de intentar ser felices, algo que non parece doado cando un non sabe onde vai durmir e que vai comer o día de mañá.
Deixou, deixou. Non sei se facer unha camiseta con ese parágrafo:
Por se non me expliquei ben unha vez máis, o tal Martin Pawley é un rapaz coruñés que si conquistou os votos dos chamados cibernautas de España toda non foi porque teña unha web moi mona chea de cibertrebellos, senón porque fai crítica cinematográfica, musical, literaria, política, social e persoal con máis coñecemento e máis graza que a media dos profesionais, e por riba, de balde.
O artigo pódeno ler tamén no blog de Xosé Manuel Pereiro; de feito, alí durará máis tempo que na web de La Opinión.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.