caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Mejor blog en otras lenguas constitucionales distintas del castellano
> Mejor blog en otras lenguas constitucionales distintas del castellano <

Eu onte ás 20:39 estaba no CGAI vendo un filme bastante rariño do cineasta thailandés Apichatpong Weerasethakul. A esa mesma hora no Palacio Municipal de Congresos do Campo das Nacións de Madrid anunciaban que días estranhos era o gañador do Premio 20blogs 2005 na categoría de Mejor blog en otras lenguas constitucionales distintas del castellano. E o único intelixente que podo dicir nunha ocasión coma esta é grazas. Muito obrigado polo premio, polos seus parabéns e polo seu apoio. Un premio para o blogmillo que quero e debo compartir con toda a xente que leva anos e anos facendo que Internet fale en galego, naqueles tempos nos que isto das bitácoras non lle interesaba a ninguén e non había encontros nin mesas redondas, nin cousa que se lle pareza. Cando eran maioría os que ollaban para a rede con condescendencia, véndoa simplemente como unha diversión exótica para animaliños modernos. Alégrome moito de que hoxe sexa xustamente a leira Internet un dos espazos nos que a cultura e a sociedade galega se presenta máis vizosa. Alégrome moitísimo de ter gañado o premio, pero sobre todo alégrome moitísimo de que fora unha bitácora feita no noso idioma a primeira vencedora dun galardón convocado polo xornal 20 minutos, o máis lido de España entre os de información xeral.

2006-04-07, 12:19 | 74 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/38970

Comentarios

1
De: Veloso Fecha: 2006-04-07 12:23

Parabéns. É un día de festa para todo o blogomillo.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-04-07 12:26

Erice, por favor, fai máis películas!!!

Xa está, xa me quedei a gusto.



3
De: leco Fecha: 2006-04-07 12:40

Estamos de festa, estamos de festa, ailalaralalaralá!
Parabéns amigo!



4
De: rvr Fecha: 2006-04-07 12:46

¡Felicidades Pawley! :)



5
De: Subcomediante E-1 Fecha: 2006-04-07 12:57

Parabéns! Muuuuitos Parabéns!



6
De: berto Fecha: 2006-04-07 13:05

parabenizado quedas! :D



7
De: descalza Fecha: 2006-04-07 13:14

Pois eso, xa invitará a unhas cañas ejejej Felicidades, meu. ;-)



8
De: webensis Fecha: 2006-04-07 13:19

Felicidades :o)
Invítate a unos chicharróns



9
De: argallando Fecha: 2006-04-07 13:22

Noraboa, Pawley. Ben merecido o premio!



10
De: Don J. Fecha: 2006-04-07 13:26

Felicidades, Pawley.



11
De: Gusa Fecha: 2006-04-07 13:36

Outra vez... ¡¡¡¡parabens!!!!!
¿cando te entregan o chirimbolo ese? pra facerche unha "afoto" con el, con dedicatoria :-))
Hai que mollalo!!!



12
De: Subcomediante S Fecha: 2006-04-07 13:50

Muuuitos parabéns, Martin Pawley!!! Estamos na capital pequeno-imperial a redigir a crônica do que foi a festa de ontem. Já lerás, leredes, nas VA-CA NEWS, lerei, lerei.



13
De: peke Fecha: 2006-04-07 14:14

Pois non vou ser menos. Parabéns, Martin!!!



14
De: TeRMi Fecha: 2006-04-07 15:31

Parafraseando os demais:

FELICADES SEÑOR PAWLEY :D



15
De: Leonel Vicene Fecha: 2006-04-07 15:56

Muitos Parabéns!
Um abraço.



16
De: Oulego Fecha: 2006-04-07 16:09

Parabéns. Vino no 20 minutos esta mañá, camiño do traballo, metido no metro, e unha sensación de ledicia percorreume o corpo e pousouse nel facendo a mañá máis levadeira.

http://oulego.blogspot.com



17
De: Pippa Fecha: 2006-04-07 16:13

Felicidades, Pawley :-)



18
De: Ghanito Fecha: 2006-04-07 16:26

Parabéns, o vindeiro ano toca o premio ó mellor blog nunha lingua constitucional incluido o castelán ;)



19
De: ifrit Fecha: 2006-04-07 16:31

Os nosos parabéns!!!



20
De: T.E.E. Fecha: 2006-04-07 17:10

Parabéns polo premio. Estás nos nosos bloglines. Un saúdo.



21
De: Neno da Norita Fecha: 2006-04-07 17:47

Oeee, oee oeee oeeeeeee...



22
De: ElPez Fecha: 2006-04-07 17:53

No creo mucho en los premios excepto cuando son merecidos y cuando se los dan a los amigos. En este caso, las dos condiciones se cumplen, así que parabéns Pawley. Y, como siempre, estoy con usted: ¡Que vuelva Erice!



23
De: jorge Fecha: 2006-04-07 18:09

jeje Alicia sae nun blog premiado, teño un amigo cun premio polo seu blog, je je je je je je



24
De: Subcomediante S Fecha: 2006-04-07 18:23

Demorou mas abalou! Já podedes ler nas VA-CA NEWS a crônica da festa de entrega dos Prémios 20 Blogs vista a través dos olhos dumha vaca:

http://www.va-ca.org/serendipity/index.php?/archives/330-Ahir-va-esser-un-gran-dia,-malgrat-tot!.html



25
De: Vendell Fecha: 2006-04-07 18:25

Pois iso, qué ben. Eso sí, pregúntome onde se agochan as linguas inconstitucionais.



26
De: Uxio Fecha: 2006-04-07 18:50

Moitisimos parabéns!
Eu tiña o convencimento de que ía ser você o elixido :)
Un forte abrazo! e podíamos ver de tomar unhas caipirinhas esta semana ou a que ven, que agora é você o que ten algo que celerar ;)

Saude e Humor!



27
De: Martin Pawley Fecha: 2006-04-07 18:56

Cando você diga, Uxío. Que lle parece este domingo?

Por certo, vai ir você o sábado á presentación?



28
De: Martin Pawley Fecha: 2006-04-07 19:04

Por certo, no Flickr de wicho hai un feixe de fotos do encontro blogueiro. Aquí está o momento do premio a días estranhos. O que o recolle non son eu, que conste.



29
De: Ctugha Fecha: 2006-04-07 19:12

Felicidades! Te invitaria a una botellita de esas si no cayera tan lejos ;-)



30
De: Juan Varela Fecha: 2006-04-07 20:05

Esta vez os concursos acertaron, grandes parabéns dende esta outra provincia galega, en exceso recatada e ás veces demasiado remexida.
Parabéns. Alégrome do recoñecemento.



31
De: Carolina Fecha: 2006-04-07 21:19

Felicidades! Mil primaveras máis! Unha aperta



32
De: besbellinlha Fecha: 2006-04-07 21:39

Chego rebotada da dorfunteca, onde me enterei da nova :)Parabéns, parabéns e a seguir así home.



33
De: mostrengo Fecha: 2006-04-07 22:27

É a merecida consagração!!



34
De: siloam Fecha: 2006-04-07 22:29

parabéns!!



35
De: Ben Harper wannabe Fecha: 2006-04-07 23:25

NORABOA!!Ainda se di asi, non? ou é moi telegaita? Da igual, alegrome moito, e creo que é moi merecido. Unha aperta!



36
De: kaplan Fecha: 2006-04-07 23:26

vale: aceito un bocadiño do prémio, pero os parabéns e o mérito é todo de vostede.
esta blog é xa imprescindível.



37
De: emgiro Fecha: 2006-04-08 00:00

ENHORABONA! Salut i posts!



38
De: Vilarón Fecha: 2006-04-08 00:15

Vaian os meus parabéns para vostede e... de hoxe nun ano!



39
De: Mifune Fecha: 2006-04-08 00:24

Zorionak, Pawley!!!
Me acabo de enterar al llegar a casa y merecido lo tienes. Tu blog es toda una referencia (premios aparte) para el resto, estén o no en galego.
Muy buena noticia para mí, por motivos personales. :)



40
De: opaco Fecha: 2006-04-08 00:40

A melhor escusa para un melhor fin de semana ;-) A gozalo. Meréceo



41
De: M. Barcia Fecha: 2006-04-08 02:44

Poderío galego!!! Os meus máis sinceros parabéns.



42
De: acedre Fecha: 2006-04-08 04:15

Ben merecido, non?. Noraboa e a seguir asi. Eu sigo a tua bitacora anque o cinema non sexa un prato do meu gusto.



43
De: emereci Fecha: 2006-04-08 12:25

Noraboa!!!



44
De: Paco Penas de Dorvisou Fecha: 2006-04-08 12:46

A medalla do mérito ao TRABALLO sería o millor recoñecemento. !Parabens meu amigo!



45
De: Xosé Antón Fecha: 2006-04-08 15:16

Parabéns compañeiro!. Totalmente merecido o premio. A seguer así.



46
De: Arduina Fecha: 2006-04-08 17:02

Noraboa, Pawley. Pouco mais podo dicir :)



47
De: Calidonia Fecha: 2006-04-08 17:15

Somo-me aos parabéns, senhor.



48
De: Calidonia Fecha: 2006-04-08 17:15

Somo-me aos parabéns, senhor.



49
De: Xisbe Fecha: 2006-04-08 18:54

Moitas felicidades.



50
De: ANA Fecha: 2006-04-08 21:49

PARABÉNS, VC MERECE!!!
UM FORTE ABRAÇO!!
ANA



51
De: Snob Fecha: 2006-04-09 00:37

Parabéns!!!



52
De: sector az Fecha: 2006-04-09 01:36

parabéns,maña unha cervexa para celebralo?



53
De: Martin Pawley Fecha: 2006-04-09 01:45

Mellor un viño, ho.



54
De: Ramiro Fecha: 2006-04-09 16:49

Parabéns. É este um trabalho continuado e de grande qualidade.



55
De: oko Fecha: 2006-04-09 16:58

Parebéns señor Pawley!!!!



56
De: Pedro Lemos Fecha: 2006-04-09 17:14

Parabéns, Martin! Quando fores comemorar o prêmio, não abuse da cachaça!!!! :) Un aperta!!



57
De: Martin Pawley Fecha: 2006-04-09 17:25

Hehehe... xa levo uns días celebrando o premio. O xoves mesmo empecei a festexalo, e nin unha pinga de cachaça, créame -e iso que estaba rodeado de catarinenses coma você, Pedro. O venres fun á inauguración dun bar do barrio, O Lagar de José, contribuíndo á baleirarlle a despensa grazas á botella e media de Rioja que me bebín eu sozinho. E onte sábado, despois do Extrarradio e de pasear polas instalacións de Xuventude_Galiza_Net, fun comer Cas Yáñez na sempre grata compaña dela mesma e de berto, Cesare, ascárida e dorfun.

Hoxe á noite creo que imos darlle ás caipirinhas.



58
De: Martin Pawley Fecha: 2006-04-09 19:09

E seguindo co autombombo...



59
De: SHS Fecha: 2006-04-09 22:20

vaia polas ánimas, sempre o último en enterarme e en felicitar. Subscribo os 58 anteriores



60
De: torredebabel Fecha: 2006-04-10 02:11

non és o último, SHS, que agora poño eu o meu paraben: PARABENS!!!!



61
De: Nona Fecha: 2006-04-10 03:19

Non, ho, para a última felicitación sempre hai tempo. Moitos parabéns e que sexa por moitos anos. E que o vexamos todos con boa saúde.



62
De: magago Fecha: 2006-04-10 10:06

parabéns, Pawley!



63
De: ababoro Fecha: 2006-04-10 12:24

Parabens



64
De: fredyfevereiro Fecha: 2006-04-10 14:23

Ohhh..que bem Lo felicito amigo ..Voce merece...abraço de seu amigo
fredyfevereiro



65
De: leco Fecha: 2006-04-10 22:27

E non haberá un premio para récord de comentarios?



66
De: Boedense Fecha: 2006-04-10 23:06

Os meus parabéns, Pawley, polo teu éxito persoal e polo que representa para o blogmillo. Deica outra.



67
De: O'Xirarei Fecha: 2006-04-11 01:10

Parabéns polo premio -eu entereime hoxe de que cho deran-. Coido que o Blogomillo enteiro ten un motivo de fachenda... e de festa como a Xantanza jeje



68
De: Martin Pawley Fecha: 2006-04-11 19:01

E non haberá un premio a secas, leco? Onde vai o meu trofeo? Até entón, velaí vai o vídeo que recolle o momento histórico do anuncio: El premio es para... ¡Días Estranos!



69
De: leco Fecha: 2006-04-11 19:02

Hahahahahaha!



70
De: Martin Pawley Fecha: 2006-04-11 19:02

A todo isto, a primeira vez que Goyo González pronuncia o nome do blog, di "estranos" ou "estragos"?



71
De: o que enviou o video Fecha: 2006-04-11 19:03

tarde para recuperar o anonimato?



72
De: Martin Pawley Fecha: 2006-04-11 19:03

Mmm... non. Nunca é tarde. Corrixo agora.



73
De: o que enviou o video Fecha: 2006-04-11 19:21

obrigadinho :)



74
De: SZ Fecha: 2006-04-13 20:56

Parabéns, un blog esplendido, non me estraña o premio.
Un saúdo



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 23.20.157.174 (f8ae440b99)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley