caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Folga en RTVE
> Folga en RTVE <

Como di Pereiro, o de provocar a suspensión dun telexornal a forza de berros, chíos e golpes contra a porta do estudio pode non ser laboralmente moi correcta, pero desde logo é brillante desde un punto de vista mediático ao seren esas unhas imaxes que se difundirán por todas partes e darán a coñecer a existencia dunha folga e as súas causas. Ninguén pode dicir con certeza se en RTVE sobra xente ou falta xente, porque a única resposta válida para esa pregunta é a moi galega do depende: depende do que se queira facer coa televisión, claro. Para facer Cines de birria sobran case todos, e o mellor sería dicir, á maneira solidaria de Luis Ventoso, un sonoro e rotundo "ciérrenla". Pero imaxino que as teles públicas valen para máis cousas. Por exemplo, a todo o mundo se lle enche a boca falando do bos e traballados (e caros, carísimos) que son os documentais da BBC, das súas arriscadas propostas de produción de series e filmes e da recoñecida independencia dos seus informativos, que fan da BBC unha verdadeira factoría de noticias da que tamén nos beneficiamos moito os usuarios de Internet. Pois resulta que a BBC ten máis do dobre de traballadores que RTVE, fíxense, e xuraría que non lles sobran. Aquí si: varios milleiros, según a opinión duns expertos que despois de pensalo moitismo chegaron á conclusión de que para aforrar cartos a única solución é botar a xente á rúa. Para iso non fan falla másters en economía, creo eu.

Moi ben as protestas, en resume, pero o que non lles perdono aos folguistas é que cortaran o noticiario de Ana Blanco e, porén, deixaran sen tocar a retransmisión do partido ese de fúmbol que houbo onte á noite.

2006-04-06, 11:36 | 11 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/38927

Comentarios

1
De: Chicho Sibilio Fecha: 2006-04-06 13:18

Pois a min algroume ver o Barça-Benfica, que menos. E xa podían ter dado o outro día o Barça-Madrid da Euroliga de Basket. Cal é o teu problema co fútbol? Paréceche cousa de incultos e de borregos, ou?



2
De: ictioscopio Fecha: 2006-04-06 13:44

Oh Chicho Sibilio, que grande aleiro!!



3
De: Martin Pawley Fecha: 2006-04-06 13:44

Non, pasa que non me interesa nada. E pasa tamén que me chama moito a atención que sexa xustamente o fúmbol, ese choio tan filantrópico, a única emisión que non sae damnificada dunha xornada de folga.



4
De: Lagarto De La Cruz Fecha: 2006-04-06 14:05

Pois porque o Barça de Ronaldinho tira máis da audiencia que "El sol del membrillo", home. Afortunadamente.



5
De: Martin Pawley Fecha: 2006-04-06 14:43

Non me cabe dúbida, Lagarto De La Cruz, pero ¿que ten que ver iso coa folga? Supoño que se estivera programada unha entrevista de Víctor Erice, un supoñer, tamén sería anulada polas protestas, como é lóxico. Por que non tamén o fúmbol?



6
De: Nilde Fecha: 2006-04-06 15:14

A min gústame o futbol un lote, pero estou ata os güevos que non teño da súa omnipresencia na tele.



7
De: jorge Fecha: 2006-04-06 18:10

A mín gostame moito o fútbol, pero xogalo eu, non ver como o xogan os demáis, dito isto, alá vou:
Se a desculpa para parar o telediario era a repercusión, digo eu que máis repercusión tería parar a retransmisión do partido que sempre teñen máis audiencia, pero, sexamos sinceiros:
1 os "folguistas" non son outra cousa que funcionarios deses que non fan nada para gañalo seu pan e á hora do partido seguramente a mairía estaban na súa casa ou noutro sitio que non era o lugar de traballo (pola noite tamén hai telediario, ¿por qué non pararon ese?)
2 os "folguistas" queren dar pena, non caerlle mal á xente parándolle o seu momento de ocio vendo o fútbol despois de chegar de traballar todo o día (có fútbol nadie se atreve)
3 eu non quero que ningún me de nada nin me quite nada, quero gañalo meu soldo co meu traballo; ¿por qué non protestaron cando virón como tve empezou (xa hai anos) a comprar tódolo programas a productoras exteriores xa feitos? ¿non será porque así eles quedaban nunha posición bastante cómoda?
4 para "chicho sibilio": os incultos e borregos non son os interesados polo fútbol senón aqueles interesados nel que lle dan mís importancia da que tén e recoñocerame que son a maioría, senón porque ocupa case a metade dos informativos, a mín gostame moito a música e o cine e a lectura e non pretendo que sexa o máis importante do mundo mundial. Agora seguro que vostede ten pensado contestarme aquilo das maiorías, por favor non me fastidie que asegurolle que s e poñemos tódolos días so 30 segundos dos Jayhawks ou de Pessoa no telediario acaban tendo varios millóns de seguidores en toda a península.
5 e evidente que a culpa da situación de tve e da mala xestión durante moitos anos pero sinceramente, si sobra xente, ¿para que queremos tantos corresponsais de tantos programas en calquer acontecemento en calquera parte do mundo? Qué compren a información.
Saúdos



8
De: sHs Fecha: 2006-04-07 12:14

As protestas pola externalización son vellas e constantes (e non sempre con razón). Os correspondentes de TVE en todo o mundo son 16. Si se molesta en visitar www.sihomesi.com, verá que as direccións e outras altas instancias en RTVE suman 752



9
De: jorge Fecha: 2006-04-07 18:18

vale pois sigamos así, que cada vez que teñamos cambio de governo que contraten outra xeira de xente con contratos de por vida para que digan e traballen (ou non) como queiran os de turno e nos calados, a xente cobrando sen traballar e unha televisión patética pagada por todos para non ser máis ca un panfleto do partido político de turno. Non nos enganemos se o despido da mesma cantidade de xente tivera lugar en calquera outra empresa non se falaría tanto disto (iso incluso ainda que os despedidos traballaran), pero non se dan conta de que este tipo de "funcionario" e o que está a desprestixiar ós que verdadeiramente fan algo.
sHs ¿por qué non contesta ós puntos 1, 2 e 3 do meu anterior comentario?
Saúdos



10
De: Martin Pawley Fecha: 2006-04-07 18:42

jorge, supoño que entre os profesionais da RTVE haberá máis ou menos a mesma proporción de boa xente e mala xente (de bos traballadores e malos traballadores) que no resto de oficios. O problema, penso eu, segue sendo o modelo. Se non se aposta pola xente que xa está para facer cousas que si saben, se seguen externalizando producións que (caso Pepe Navarro) só serven para que un cara leve mil kilos dos de antes por non facer nada, se seguen por non facer a televisión que é necesaria (e diso non son culpábeis os cámaras, os técnicos de son e os montadores, senón os xefes, eses 752 que cita sHs), non hai nada que facer.

Por outra parte, eu sinto un certo desprezo natural cara os expertos que despois de botar moitos números chegan a conclusión de que para aforrar cartos hai que gastar menos, e para iso nada mellor que desfacerse de persoal e que os que queden traballen por catro. Para iso, insisto, non fai falla estudiar moita economía. Digo eu que se consultan con expertos será para que aporten solucións intelixentes e audaces que a ser posíbel non resulten traumáticas. Se o que acaban sacando son conclusións de tasca, arroutadas que podería dicir calquera despois de tomar unhas cañas, para iso é mellor prescindir para sempre dos expertos, e así polo menos algo aforraba o ente, aínda que só fora en fotocopias.



11
De: jorge Fecha: 2006-04-07 19:39

xa dixen (escribin) "este tipo de "funcionario" e o que está a desprestixiar ós que verdadeiramente fan algo"; e sigo sin ver resposatas ós meus puntos 1, 2 e 3
¿Será que eu non aspiro a ter nunca un poste destes? Insisto, non se pode defender o indefendible, non se meteron co fútbol porque non se atreveron, ou porque non lles era cómodo, ou peor, porque o estaban vendo. Para mín foi un xesto moi significativo do que pretenden.
Ninguén ten dereito a cargarse traballadores dunha empresa porque non é rentable despois de que eles non teñán a culpa de nada (todos sabemos quén a ten) pero facendo o que fixeron desprestixiáronse completamente, CÁSPITA que se cargaron o telediario e deixaron o fútbol, ¿e si no telediario se ía explicar a situación dalgunha empresa que estiveran na mesma situación ca eles? Pois non nos enteramos, agora iso si, os que quixeron poideron ver outro partido superpagado dun equipo xa rico cunhos xogadores ricos, en fin



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 23.20.225.97 (89e00f6a88)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley