caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Pack Leni Riefenstahl
> Pack Leni Riefenstahl <

Xa leva unhas semanas á venta o pack Leni Riefenstahl que preparou IBCinema e distribúe Cameo. O triunfo da vontade e Olympia son razóns suficientes para aconsellar a súa adquisición, pero ademáis temos como complemento a curtametraxe Día de liberdade e a visión de Román Gubern sobre unha cineasta indiscutibelmente grande pero aínda hoxe moi incómoda. Entre os extras, o documental El alquimista, de Xosé Zapata, que revisa as conexións do governo Franco co réxime nazi. A parte dramatizada non funciona como debera, pero en conxunto é un traballo valioso, con imaxes ben sorprendentes e que deixa o corpo cheo de preguntas. Por exemplo, sobre a rede de testaferros que lideraron as empresas alemás en España naquela época. Esas que explotaban o wolfram, sen ir máis lonxe.

Jaure, debería mercar vostede eses DVDs.

2006-04-04, 11:14 | 5 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/38857

Comentarios

1
De: Vendell Fecha: 2006-04-05 09:12

O de facer prediccións retroactivas está ben, pero pode resultar inxusto. No ano 1935 os nazis non andaban moi lonxe do rollo que, salvando as distancias, hoxe exhibe un tipo coma Berlusconi.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-04-05 09:26

Si, e hoxe na Italia de Berlusconi hai xente ácida e crítica como Nanni Moretti, e xente que lle lambe os zapatos a "Il Cavaliere", igual que na Alemaña dos trinta houbo quen escapou correndo á primeira ocasión (Fritz Lang, e ben cedo, alá polo ano 33), e tamén houbo quen ficou encantado/a da vida cos nazis no poder.



3
De: Martin Pawley Fecha: 2006-04-07 19:17

Contan os de IBCinema que a semana do seu lanzamento o pack Leni Riefenstahl foi o DVD máis vendido en España, e que a metade das ventas producíronse en establecementos de Barcelona.

Éche o que hai.



4
De: Emailhelp365 Fecha: 2019-05-09 09:41

Gmail help phone number
Microsoft outlook support phone number
Hotmail support phone number



5
De: Printerrepairgeek Fecha: 2019-05-09 10:05

Epson Printer Support Phone Number
Why is my epson printer offline
Epson printer communication error
Epson printer tech support phone number
Epson customer support number
Epson printer customer service phone number
Epson printer error code 0x97



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 18.208.187.169 (25378566db)
Comentario
¿Cuánto es: diez mil + uno?

os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley