Xosé Luís Vilela deixou onte de ser o director en funcións de La Voz de Galicia para se converter en director a secas. En Periodistas 21 Juan Varela conta que así se despexan "las dudas y los rumores sobre posibles nombramientos de profesionales externos vinculado a intereses políticos o económicos ajenos a la empresa". As dúbidas ás que se refire son, imaxino, as que el tiña, dito sexa sin acritú, pois teño para min que o Rei Lear nunca pensou seriamente nun paracaidista para dirixir o xornal.
Admítense apostas sobre quen vai ser o novo director adxunto.
¶
Que quere que lle diga, á vista do 6 quedoume máis clara ;-) Outro tema tamén será ver se Santiago R. continúa alixeirando a "mancheta" do xornal, logo de facer desaparecer aos xefes de sección.
Claves interesantes: a "volta" de Ernesto S. Pombo a posicións de maior visibilidade, por dicilo de algún xeito, e a colocación de Francisco Sánchez na Fundación, que a min me parece un ascenso magnífico, como o de Bono ao Ministerio de Defensa ou o de Paco indo ao Vaticano.
Non é difícil, Xosé Antón, pero si menos divertido :-) En calquera caso, non se trata de grandes secretos, nin de misterios que vaian tardar moito tempo en revelarse; nin sequera estamos (eu polo menos) "no allo". Son só unhas pequenas cábalas para entreter as horas.
E si, mourullo, as "patadas para arriba" sempre son estimulantes, aínda que só sexa por verificarmos o famoso "principio de Peter".
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.