caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Extrarradio, 1 de abril
> Extrarradio, 1 de abril <

Na véspera do Día Internacional do Libro Infantil no Extrarradio do sábado 1 de abril imitaremos ao British Film Institute e escolleremos media ducia de filmes que todos os nenos deberan ver antes dos catorce anos, nunha viaxe cinematográfica que nos levará até Brasil, Burkina-Faso, China, Franza, Irán e Estados Unidos. O cinéfilo desta semana será un recén chegado á LIX, Marcos S. Calveiro, o autor dese Sari, soñador de mares do que xa lles falei -e ben, por certo- neste blog. Entre unhas cousas e outras, procuraremos que non nos quede tempo para falar da moi decepcionante O arco, que chegou hoxe ás salas galegas para confirmarnos que Kim Ki-Duk é un home que dirixe demasiado.

Extrarradio, con Belén Regueira e Eduardo Herrero, os sábados de 11:00 a 14:00 e os domingos de 10:00 a 13:30 na Radio Galega. Unha hora menos en Porto ou Lisboa e cinco horas menos en Rio de Janeiro, São Paulo e Florianópolis.

2006-03-31, 19:25 | 2 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/38757

Comentarios

1
De: fredy Fecha: 2006-03-31 20:26

Hol Oscar ..una observacion ,com sao paulo rio efloripa ,agora mesmo temos 5 horas de diferença quer dizer ay 5 horas menos..abrazo fredy



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-04-01 09:41

Certo, que nós xa cambiamos á hora de verán!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.198.118.102 (1dcd232d5d)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley