caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Preguntas e respostas
> Preguntas e respostas <

Saturno é moi grande: o seu diámetro é dez veces maior que o da Terra. Tamén é moi pesado, unhas cen veces máis que a Terra, pero a proporción entre esas dúas características é tal que a densidade media que resulta para aquel planeta é de só 0,7 kg/dm3, máis baixa que a da auga. Saturno aboiaría nela sen ningún problema; nada que poida sorprendernos, por outra parte, pois se por algo é coñecido Saturno é polo seu flotador.

Vale, esta é unha afirmación que admite matices. Podémonos preguntar como é de homoxéneo o planeta, se ten ou non importancia o feito de que posúa un núcleo rochoso e moitas outras cousas semellantes. Como comparación, en calquera caso, é estupenda; pode non ser extraordinariamente rigorosa, pero desde logo é útil e clara: Saturno aboia no mar, e ademáis é o único planeta do Sistema Solar que pode facelo.

Isto vén a conto, aínda que non o pareza, do debate aberto no blog Malaciencia. Todo naceu dunha nota de prensa da UPM que fala da enorme velocidade da Terra no seu movemento de traslación arredor do Sol, un cálculo moi sinxelo de facer, para o cal basta con saber que a distancia media da Terra ao Sol é duns 150 millóns de kilómetros, e que tarda un ano en dar unha volta completa. A lonxitude da órbita, considerada circular, obtense multiplicando ese radio de xiro por dous pi; se logo dividimos polo tempo axustándonos á unidade que creamos oportuna, acaba saíndo a cifra de aproximadamente 30 kilómetros por segundo. A nota de prensa continúa logo por camiños máis perigosos:

Algunas veces, habréis observado que cuando llevamos en un coche una velocidad de 100 ó 120 kilómetros por hora, el ruido producido por el aire nos ha impedido escuchar la radio de nuestro coche y hemos tenido que cerrar las ventanillas. ¡Qué ruido tan brutal tiene que producirse al movernos a 30 Km/sg! ¿No acabaríamos todos locos por ese terrible estruendo? Acaso como estamos oyéndolo desde que nacemos, ya nos hemos acostumbrado a él. O quizás, gracias a la atmósfera que rodea al planeta no captamos dicho ruido, al producirnos como un colchón que nos aísla y gracias al cual no escuchamos nada.

E aí está o problema, no ruído. No post de Malaciencia explícano todo moi clariño: no espazo non hai medio que poida transportar as ondas sonoras, así que a diferenza do que acontece nos filmes de xénero fantástico, sempre cheos de ruidosas explosións, se algo caracteriza ao universo é o silenzo. É obvio que quen redactou a nota, catedrático de astronomía, sabe perfectamente do que fala. Non é que metera o zoco, vaia, senón que deixou conscentemente no ar unha pregunta sen base científica para os que xa coñecen a resposta, pero sen dúbida estimulante para os que non a saben.

A cuestión de fondo é se a divulgación para ser boa debe procurar non saír nunca do terreo do máximo rigor, pretendendo explicalo todo sen que fique ningún cabo solto, ou se polo contrario o verdadeiro labor de calquera institución cultural debe ser principalmente o de inspirar curiosidade. Que é preferíbel, aprender mecanicamente o contido das respostas ou ter o desexo (e a habilidade) de facer boas preguntas? Pensen un intre sobre iso, pero antes lean este texto de presentación dun libro de Jorge Wagensberg, Si la naturaleza es la respuesta, ¿cuál era la pregunta?:

Abro los ojos, veo el espectáculo del mundo y, claro, me maravillo. Entonces, para pensar la maravilla, considero las dos opciones que se abren ante mí. Una: el mundo es un mundo de preguntas y mi tarea es buscar las respuestas. La otra: el mundo es un mundo de respuestas y a mí me toca descubrir de qué preguntas. Las dos actitudes son aceptables, pero muy diferentes.

En la primera actitud, digamos la actitud A, la mente se pone a sí misma en el centro del universo y se pregunta el porqué o el para qué de las cosas. Su preocupación aquí es la causalidad y la finalidad de todo lo que acontece. En esta opción las preguntas son siempre las mismas y lo que cambia, de vez en cuando, es la variedad de las respuestas. Por este camino se llega, más temprano que tarde, al conocimiento revelado y a las creencias. La historia de las creencias es la historia de las buenas respuestas. Se avanza cuando se cambia la respuesta. La pregunta es pura rutina.

En la otra actitud, digamos la B, la mente intenta excluirse a sí misma del centro del universo y se preocupa más sobre el cómo de las cosas, es decir, se preocupa por la inteligibilidad de todo lo que ocurre. Este camino conduce, más tarde que temprano, al conocimiento científico y a la investigación. La historia de la ciencia es la historia de las buenas preguntas. Se avanza cuando cambia la pregunta. La respuesta es casi rutina. Un paradigma es una tregua entre dos buenas preguntas.

En pocas palabras, una mente tiene dos estados accesibles desde donde enfrentarse a la incertidumbre del resto del mundo. Nadie se instala al cien por cien en una sola de estas actitudes. Según hayamos nacido y según se desenrosque nuestra vida, la mente ocupa estos dos estados con dos probabilidades características. Se forma así el particular talante creyente-científico de cada mente pensante. Y con ese talante se crea el conocimiento útil para navegar en la incertidumbre. He aquí los conceptos clave: complejidad, conocimiento y, sobre todo, incertidumbre.

2006-03-29, 20:43 | 6 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/38706

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2006-03-29 21:20

Por certo, é a segunda vez en seis meses que coincide un eclipse de sol con Lúa Nova.

Non lles parece iso sospeitoso?



2
De: Vendell Fecha: 2006-03-29 21:52

¡Qué coincidencia! O dos eclipses en lúa nova, claro. No outro tamén coincido con vostede, e a análise de Wagensberg paréceme moi lúcida. E tamén na valoración sobre o esforzo dese catedrático de astronomía. Por certo, unha vez tiven unha discusión cun catedrático de algo - non lembro de qué, pero se cadra é irrelevante - sobre canto se podían simplificar as cousas para que as entendese unha audiencia pouco formada. A súa resposta era a de Einstein: As cousas se poden simplificar só ate certo punto, porque máis alá se un vai máis alá se perde a súa esencia. A miña era que as cousas se deben simplificar ate que se entedan... e logo, se hai interese, xa haberá tempo para buscarlles as voltas.

Tiven noticia desa polémica, e dende logo a actitude displicente dos entendidos descalificando o enfoque pareceume un chisco miserable. ¡Qué doado e esquecerse do que sentiamos cando non sabiamos nada!



3
De: Martin Pawley Fecha: 2006-03-30 14:54

Displicente, e con frecuencia algo arrogante. Sempre me chamou a atención a cantidade da xente que hai rede adiante disposta a crer que un catedrático coma ese da UPM non sabe cuestións de astronomía elemental, ou que Lynn Margulis non entende ben o que é a evolución, un supoñer.



4
De: óscar Fecha: 2006-03-30 22:59

Pois coincido en que a pregunta/comparación ¿por que se abrimos a ventanilla do coche escoitase moito ruido e sen embargo A Terra, que é máis grande e vai máis rápido e coas ventanillas abertas de todo, non produce ruido ningún ó desplazarse?, é estimulante e dá para pensar no asunto, pero creo tamén que apuntar esto como posible resposta: Acaso como estamos oyéndolo desde que nacemos, ya nos hemos acostumbrado a él. O quizás, gracias a la atmósfera que rodea al planeta no captamos dicho ruido, al producirnos como un colchón que nos aísla y gracias al cual no escuchamos nada. da pé a confusión, pois probable no caso de non chegar a dar coa solución realdo misterio cabe a posibilidade de que os nenos (que eran os receptores do texto, se non me equivoco) tomen esas respostas como certas. Claro que todo depende do contexto; eu non estou ó tanto dos detalles da polémica, quizáis ese texto forma parte dun máis amplo no que, a continuación do fragmento do que falamos, se apunta o camiño para chegar á "resposta correcta"... Pero se o texto está así solto, sen máis, creo que lle falta algunha indicación para segui-lo camiño "correcto".

Cada maestrillo ten o seu librillo; eu nesto son só alumnillo, e ocasional, pero creo que, de telo escrito eu o texto, o tería deixado en...

Nosotros, habitantes del planeta Tierra, viajamos por esos espacios interplanetarios, como sobre un terrible proyectil de forma esférica, moviéndonos cada segundo 30 kilómetros. ¿No es una velocidad increíble? Algunas veces, habréis observado que cuando llevamos en un coche una velocidad de 100 ó 120 kilómetros por hora, el ruido producido por el aire nos ha impedido escuchar la radio de nuestro coche y hemos tenido que cerrar las ventanillas. ¡Que ruido tan brutal tiene tendría que producirse al movernos a 30 Km/sg!
[...]
¿No os habéis parado muchas veces en el campo, a disfrutar del silencio absoluto que hay en él? Fuera del bullicio de la ciudad, tendríamos que oír el movimiento de la Tierra ¿Verdad que sí? Sin embargo, no lo oímos. #


Eso é perfectamente estimulante, e non induce a confusión, opino. De todos xeitos, creo que ofrecer a resposta (A Terra non roza contra nada, ou case) é igualmente estimulante :-)

O que debe ser bonito é o ruido dunha estrela fugaz.



5
De: óscar Fecha: 2006-03-30 23:01

Dixen: "O que debe ser bonito é o "ruido" dunha estrela fugaz." Creo que a eso chamalo mellor son que ruido :-)



6
De: óscar Fecha: 2006-03-30 23:08

Tiven varios erros de redacción, desculpas, supoño que máis ou menos se me entendeu; tamén puxen ou apareceu mal o enlace do final da cita (#) que apunta ó texto completo, era este http://tinyurl.com/lhe88



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.224.184.33 (69dce31260)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley