caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Eclipse... when the Moon meets the Sun
> Eclipse... when the Moon meets the Sun <



Dentro dunhas horas os amigos da Agrupación Io desprazados a terras turcas terán oportunidade de experimentar a emoción dun eclipse total de Sol, un acontecemento astronómico que crea verdadeira adicción nalgúns afeccionados. Na Coruña a porcentaxe de máximo ocultamento do Sol é dun birrioso 15% a iso das doce do mediodía, un pequeno bocadiño apenas que poderíamos ver se houbera un pouco de sorte e as nubes nos ofreceran algunha oportunidade. Os consellos dados con ocasión do anular de outubro valen tamén para o de hoxe: teñan moito coidado e non arrisquen de ningunha maneira a saúde dos seus ollos. Se queren máis información, lean este completo artigo que sae en Infoastro e que nos indica un feixe de ligazóns interesantes desde as cales facer un seguimento do paso da Lúa por diante do Sol. Os de MeteoGalicia anuncian para o mércores un empeoramento xeneralizado do tempo en Galiza, así que haberá que conformarse con Internet. Con Internet e con Charles Mingus: disfruten tamén deste Eclipse que aquí lles deixo, un fermoso tema dese xenial músico de jazz cantado por Lorraine Cousins:

Eclipse
Cando a Lúa encontra ao Sol
Eclipse
Os dous corpos parecen ser un só

2006-03-29, 03:43 | 1 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/38686

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2006-03-29 12:49

Non se perdan a magnífica retransmisión que está facendo do eclipse o Exploratorium.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.225.16.10 (f23115c6d6)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley