caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > "El País" e outros moitos xornais, agora en galego
> "El País" e outros moitos xornais, agora en galego <

Desde hoxe, grazas a Vieiros e ao tradutor automático Traduza-G da empresa Dimensiona, poderemos ler en galego os máis importantes xornais en castelán: La Voz de Galicia, El Faro de Vigo, El Mundo, El País, La Vanguardia, El Correo, Cinco Días e incluso La Razón e Libertad Digital, para constatarmos que nesta vida hai tamén xente con pouco sentidiño. Boto en falta o ABC e ese xornal de xornais que é Periodista Digital, así como algúns latinoamericanos (sería moi interesante ver que tal funciona o tradutor nese caso). Parabéns, moitísimos parabéns por esta xenial iniciativa.

2006-03-27, 15:35 | 6 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/38639

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2006-03-27 15:39

E ademáis, os tradutores sempre nos proporcionan intres ben divertidos. Pensaban que un obituario non podía ser moi simpático? Pois lean en "El Mundo" o de María dos Ánxeles das Heras Ortiz, máis coñecida como Asperxo Dúrcal.



2
De: Oscar H. Fecha: 2006-03-27 16:34

¿Quen carallo vai ler o ABC en galego? Ah! sí! Rajoy na intimidade.



3
De: mourullo Fecha: 2006-03-27 21:42

Pois os artigos no ABC de Alfredo Aycart en galego teñen que ser...



4
De: Martin Pawley Fecha: 2006-03-28 11:20

Oscar H., parécelle "peor" o ABC que "La Razón" ou "Libertad Digital"?



5
De: Vendell Fecha: 2006-03-28 23:57

A Oscar H non sei, pero estes ultimos dias Zarzalejos esta a dar algunha leccion os periodistas de dereitas.



6
De: Oscar H. Fecha: 2006-03-29 00:34

Carallo! Pois tes razón con Zarzalejos. A acusación non ten desperdicio.

Martín, venche todo no mesmo paquete... que conste, mentir, minten todos, pero prefiro aos que fan a cruz ca man esquerda que os que a fan ca dereita.

Saúde.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.162.236.133 (cb759b668d)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley