caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Ary, Chico, Tom, Caetano, Gilberto e Djavan
> Ary, Chico, Tom, Caetano, Gilberto e Djavan <

O noso amigo Fredy Fevereiro vai dar este xoves a iso das dez da noite un concerto no café-teatro Dog Bullock's Theatre, na Coruña, na rúa Rei Abdullah. Vai ser un espectáculo un pouco especial, dedicado a seis dos máis grandes autores da música do Brasil: Ary Barroso, Chico Buarque, Tom Jobim, Caetano Veloso, Gilberto Gil e Djavan. O repertorio previsto para a actuación está cheo de músicas sobradamente coñecidas polos afeccionados á MPB:

Ary Barroso: Aquarela do Brasil, Camisa amarela e No tabuleiro da Baiana
Chico Buarque: Cio da Terra, Tatuagem, Homenagem ao Malandro e O que será
Antonio Carlos Jobim: Corcovado, Água de Beber, Águas de Março, Wave e Garota de Ipanema
Caetano Veloso: Leaozinho, Sampa, Desde que o samba é samba
Gilberto Gil: Aquele Abraço, A novidade, Mar de Copacabana e Palco
Djavan: Flor de Lis, Maçã, Meu bem querer, Sina e Azul

As entradas, ademais, serán ben baratas, e disque os que acudan levarán unha camiseta de recordo. Alí estarei eu na próxima quinta feira, despois de escoitar a Balbín.

2006-03-27, 13:05 | 6 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/38633

Comentarios

1
De: trufus de boim Fecha: 2006-03-28 16:16

e logo Sina non debería estar no apartado de Djavan en vez de con Caetano?

Polo demáis, desfrute do concerto, o repertorio promete!

Saúdos



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-03-28 20:22

Pois si, si que debera. Perdón polo lapsus!



3
De: trufus de boim Fecha: 2006-03-28 23:12

Por favor, non é preciso pedir desculpas, só era unha puntualización!



4
De: fredy Fecha: 2006-03-30 19:59

Queridoa amigos Sina e De Djavan e caetano veloso es uma parceria por isso pois no repertorio de caetano tenh os song book e este esta correto..abraço fredy



5
De: slesnor Fecha: 2006-03-31 10:22

cómo non me enterei a tempo... ains, merda de vida!
recomendo cassia eller e adriana calcanhoto.

Parabéns pola nominación en 20minutos. Bicos e apertas



6
De: trufus de boim Fecha: 2006-04-01 00:44

certo, Sina é dos dous, aínda que sempre se relaciona máis con Djavan (ignoro por que).

O 6 de Abril en Crechas, non Fredy?

"Cantada" de Adriana Calcanhoto paréceme un dos discos máis fermoss que escoitei.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.32.65 (d3893ad4e6)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley