caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Cachaça para un cesar-fogo
> Cachaça para un cesar-fogo <

A mañá, inzada de ilusións, pechara coa boa nova do cesar-fogo, que coñecín por boca dun guionista con toda a vida por diante. Durante o día fun tendo máis noticias grazas ás voces amigas de alá, que me foron transmitindo as súas impresións. A confianza de Jaio, que sabe que isto é o comezo dun futuro en paz para os seus netos. A do meu irmán tropical Mifune e a do sabio e tranquilo Julio Arrieta, dous xeitos ben distintos pero no fondo converxentes de entender o país que teñen por seu. A de Fanny Brice, que viviu o anuncio desde unha inesperada e emocionante primeira liña bilbaína. Por todos eles, amigos nunha distancia que é só física, brindei a pasada quarta feira na noite habitual do Bamba, espazo galego-brasileiro cheo de xente que na súa maioría non pode comprender que o vinte e dous de marzo foi, de verdade, un día histórico. Pero as celebracións son sempre máis grandes cando son compartidas, mesmo aínda que os teus compañeiros de mesa e cachaça non saiban as razóns que tes para a ledicia.

2006-03-26, 21:01 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/38621

Comentarios

1
De: Pedro Lemos Fecha: 2006-03-28 15:22

Que que é isso, Martin?! Tá virando "cachaceiro" agora?! É o que dá sair à noite com um bando de "pé-de-cana" ... HAHAHAHAHA



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-03-29 04:02

Do licor café á cachaça hai un paso ben pequeno, Pedro. Pero é mellor o noso licor café, que quede ben claro. ;-)



3
De: Jaio espía esperanzada Fecha: 2006-04-03 01:40

Diga que sí, sultán. Al menos, en el peor de los casos, habremos vivido días de esperanza. ¿No es eso mejor que vivir desesperados?
¡Salud y anarquía!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.211.79.150 (3c89e56345)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley