caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Extrarradio, 25 de marzo
> Extrarradio, 25 de marzo <

O Extrarradio de mañá trasládase até Vigo, ao MARCO, e con ese motivo os contidos do programa variarán un pouco, coa participación de algúns dos artistas que forman parte da exposición Urbanitas e atención especial para o proxecto Ponte nas Ondas!; así que aos colaboradores do sábado dannos día libre (que un servidor aproveitará para recuperar unha vella tradición matutino-planetaria). O seguinte sábado estaremos en vésperas do 2 de abril, día grande da literatura infantil e xuvenil, así que farei a miña prometida lista de filmes que todas as persoas deberan ver antes dos catorce anos. Unha listiña breve e multicultural, xa verán.

Avánzolles tamén que ao longo da vindeira semana falaremos cada día neste blog de algúns dos libros de literatura infantil e xuvenil editados en galego nos últimos tempos por Edicións Tambre. Por qué esa e non outra(s), preguntarán vostedes. Pois por dúas razóns: primeiro, porque me consta que en Tambre teñen como mínimo a vontade de apostar por unha literatura para rapaces menos relambida que a habitual; e segundo, porque o seu coordinador editorial é especialmente xeneroso cun servidor e ten o bo costume de mandarme algúns exemplares de cando en cando. Así que xa saben, queridos editores, amigos ou non: se queren que neste blog se fale de algún libro, non teñen máis que facermo chegar e eu fágolles de boa gana un acuse de recibo. Non agarden, iso si, benevolencia.

2006-03-24, 14:42 | 1 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/38578

Comentarios

1
De: dani Fecha: 2006-03-26 16:54

para cando o extrarradio descargable na rede???
vivo fora de galicia e son un vago pa madrugar na fin de semana...
dalle duro!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.204.71.19 (f78779fd3b)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley