caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Ça commence aujourd'hui
> Ça commence aujourd'hui <

"Euskadi Ta Askatasuna ha decidido declarar un alto el fuego permanente a partir del 24 de marzo de 2006."

A frase que levábamos anos desexando escoitar foi pronunciada por fin hoxe. É a primeira dun comunicado inequivocamente esperanzador, escrito cunha prudencia inusual na banda terrorista, afastada esta vez dos rexistros histéricos doutras ocasións. Nunca está de máis a cautela, pero teño para min que o de hoxe xa non ten volta atrás. ETA deu o paso que todos agardabamos, collendo co pé cambiado a aqueles que non teñen máis proxecto de futuro que a vinganza. Pero a vinganza é unha cousa moi antiga, impropia dun tempo novo que, ben o sabemos, será de paz ou non será. ETA dixo o que tiña que dicir, e díxoo coa contundencia requerida para ir empezando; xa haberá logo tempo para falar de armas e para falar de presos. Para falar de todo. Para falar e para pensar. Pero non hoxe; hoxe podemos tomarnos unha tarde/noite de alegría, bebendo esa copa longamente adiada, brindando, máis unha vez, pola paz e contra a produción de odio. Polo que fai de nós seres humanos.

2006-03-22, 19:42 | 11 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/38537

Comentarios

1
De: mourullo Fecha: 2006-03-22 20:39

Brindo tamén pola paz e para que remate o odio.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-03-22 20:40

Por certo, o contador laranxa que asoma abaixo de todo á dereita asegura que ao longo do día de hoxe este blog sobrepasou a cifra de dúascentas mil páxinas visitadas.



3
De: mourullo Fecha: 2006-03-22 22:50

Outra razón para brindar!



4
De: Trufus de Boim Fecha: 2006-03-22 22:58

Alzo a copa pola boa nova!!



5
De: leco Fecha: 2006-03-23 08:26

Chin-chín!



6
De: Gusa Fecha: 2006-03-23 09:06

Ei, ei, ei, esperade, que eu tamén quero brindar!! :-))



7
De: peke Fecha: 2006-03-23 11:30

Únome ao brinde.



8
De: Eugénio Costa Almeida Fecha: 2006-03-23 12:37

Pois! e quantas vezes já a ETA anunciou cessar-fogo (alto el fuego) definitivo ou temporário; e quantas voltou aos conflitos? Ver para crer como diria S. Tomé. Apesar de tudo quero acreditar que desta é para valer e vai mesmo acabar o terror.
Um abraço.
Eugénio Almeida



9
De: Martin Pawley Fecha: 2006-03-23 13:37

Pois non foron tantas as veces, Eugénio, e creo que esta ten unhas características ben diferentes: o governo que español non é a mesma tropa de resentidos de hai uns anos, o mundo cambiou bastante neste tempo (e o 11-M aínda fica no recordo de todos), e se o chamado MLNV quere sobrevivir politicamente debe dar pasos decisivos pola paz canto antes. Levamos tres anos sen mortos, sen secuestros, aínda que si con outros xeitos de extorsión, pero en calquera caso a sociedade vasca, que non atende ás mesmas razóns hoxe que hai vinte anos e que xa se acostumou a unha convivencia tranquila e pacífica, non consentiría un só morto máis. ETA non regresará ás armas porque hai camiños que non teñen volta atrás. A primavera acaba chegando a todas partes, fáganme caso.



10
De: Oscar H. Fecha: 2006-03-23 17:10

Desde logo, eu brindo polo mesmo. Pero a celebración oficial fareina cando escoite as súas armas... facer crack.



11
De: Henrique Fecha: 2006-03-25 19:04

eu tamén quero brindar pola boa nova



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.145.101.33 (5f7326eaf9)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley