caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Non morreron todos
> Non morreron todos <

La sangría demográfica que supuso para África la trata de negros es objeto de discusión, como lo son las cifras que sirven de base para su cálculo: por un lado, están los que hablan de una "sangría irreparable" del continente y, por el otro, los que mantienen una opinión contraria y estiman que el número de deportados o muertos en el camino "a lo largo del tiempo" equivale a un 2,5 por ciento de la población africana. En su obra de referencia "África: historia de un continente", John Iliffe, profesor de Cambridge, zanjaba así el debate: "Teniendo en cuenta la importancia fundamental de la subpoblación en la historia africana, la trata fue un desastre demográfico, pero no una catástrofe: los africanos sobrevivieron.

"Negrología", de Stephen Smith. Editorial Debate.

2006-03-20, 15:13 | 5 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/38454

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2006-03-20 15:19

Pásame como hai uns días con Zaplana, que non sei con qué palabra calificar un parágrafo coma ese. Aplicando unha das modalidades da perspectiva Brusque, substitúan as palabras "africanos" por "xudeus" e "trata" por "xenocidio nazi". Xa saben: o xenocidio foi "un desastre demográfico", pero non "unha catástrofe", porque o povo xudeu sobreviviu. Algún profesor de Cambridge ousaría dicir esa barbaridade?



2
De: Vendell Fecha: 2006-03-20 16:35

¿E un profesor de Cambridge negro podería escribilo impunemente? ¿Hai algunha diferencia - agás a esrtictamente cuantitativa - entre desastre e catástrofe?



3
De: Martin Pawley Fecha: 2006-03-20 21:09

Realmente, non sei que diferenza hai entre desastre e catástrofe, máis alá da que parece querer darlle ese profesor de Cambridge. O que me parece curioso é que destaque que, a fin de contas, "os africanos sobreviviron", ou sexa, que non morreron todos. O que me pregunto eu é se ese mesmo parágrafo, aplicado ao exterminio nazi, non sería considerado "antisemita" e desprezativo, mentres que referido á Africa parace "soamente descriptivo". O xeito no que nos achegamos a cada unha desas situacións parece ben diferente, e o valor que se lle dá ás cifras, moi distinto.



4
De: Oscar H. Fecha: 2006-03-20 21:19

Tamén sobrevivirón os Xudeus. A ver se se atreve a facer o mesmo xuizo ao repeito. O que hai que ler...



5
De: mourullo Fecha: 2006-03-21 00:21

A ver se pasa como co tema da conquista e xenocidio dos pobos indíxenas de América. Lembran? Nos fastos de 1992 a problemática "conquista" quedou de lado e pasou a potenciarse un acrítico "Encontro entre dous mundos", para referirse ao que principiou cinco séculos antes.

E aínda haberá algún teórico, de Cambridge ou de otro sitio, que tentará ver a trata dun xeito amable...



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.224.109.48 (753af037c7)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley