caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Extrarradio, 18 de marzo
> Extrarradio, 18 de marzo <

Aínda que xa é un pouco tarde para dicilo, vouno contar aínda que só sexa para gardar pública memoria das cousas que facemos no Extrarradio. No programa de hoxe ocupámonos da estrea de Volver, o último filme dun Pedro Almodóvar empeñado en gustarlle a todo o mundo e que desta vez optou por non asumir riscos de ningún tipo, fabricando un producto innegabelmente bonito e vitalista, pero tamén un chisco frustrante para os que agardamos do manchego probas máis contundentes do seu talento. Volver merecerá un post específico en próximos días, pero mentres tanto poden ir lendo o que pensa El Pez. Mañá deixarémonos caer pola gala dos premios Mestre Mateo do audiovisual galego, e diso tamén falamos nun Extrarradio no que ademais demos unha volta polo cinema africano coa colaboración como cinéfilo do camerunés Victor Omgbá. De cinema africano tamén habemos de falar a semana que vén nestes días estranhos, e en especial do xovencísimo octoxenario Ousmane Sembene, aquel que nos deslumbrara o ano pasado con Moolaadé.

2006-03-18, 23:02 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/38406

Comentarios

os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley